Actividades nas prazas de abastos

En novembro realizamos actividades de dinamización e promoción do consumo de produtos da pesca artesanal galega na praza de abastos de Marín e na praza provisional de Ourense. Máis de 45 persoas participaron nestas iniciativas, que incluíron visitas guiadas aos postos de peixes e mariscos, onde os profesionais explicaron o seu labor diario e ofreceron información sobre a orixe dos produtos á venda.

En cada localización, organizamos obradoiros relacionados cos produtos da pesca artesanal: en Marín, sobre tamaños mínimos, e en Ourense, outro enfocado na identificación de moluscos bivalvos. As actividades completáronse con sesións de cociña en directo e degustación. En Marín, Alberto Carou, do restaurante Curral do Marqués, liderou as elaboracións, mentres que en Ourense foi Begoña Vázquez, do restaurante Regueiro da Cova, quen preparou receitas co mellor do mar.