A especie do mes: O Rodaballo

O rodaballo (Scophthalmus maximus) é un peixe bentónico, plano e asimétrico, cunha excelente reputación na gastronomía galega pola calidade e sabor da súa carne. Habita fondos areosos ata os 150 m de profundidade e reprodúcese entre a primavera e o verán. A flota artesanal galega captúrao con artes de enmalle e anzol, principalmente entre marzo e agosto.

Pode prepararse ao forno, á prancha, en caldeirada ou guisado. É un dos peixes máis apreciados da nosa cociña pola súa textura fina e sabor delicado.

Podes ampliar a información aquí.

A especie do mes: Acedía

Este mes a especie protagonista do noso boletín é a acedía (Dicologlossa cuneata), un peixe bentónico moi común no litoral galego.

O seu corpo é plano, xa que está comprimido lateralmente, de xeito que ten os dous ollos no lado dereito. Por esa cara é de cor castaña amarelada, e pola outra, a que está en contacto co sustrato, de cor branca. Ten uns pequenos puntos escuros na pel da cara dorsal. É unha especie de pequeño tamaño; os exemplares adultos adoitan medir entre 15 e 21 cm de lonxitude, aínda que poden chegar a 30 cm.

Para ver a ficha da especie, preme aquí.