O sábado 27 de abril realizouse unha visita guiada á praza de abastos de Bueu para a Asociación de Mulleres en Igualdade de Galicia.
As participantes comezaron a visita polo porto, onde recibiron información sobre o tipo de pesca, embarcacións e artes coas que se capturan os produtos certificados pola marca pescadeRías de onde se non? Xa na praza, fixeron un recorrido polas bancadas para ver os mariscos e os peixes expostos, identificar as súas características de frescura e interpretar os distintos apartados dunha etiqueta de peixes e mariscos.