A ostra rizada (Crassostrea gigas), poderá ser comercializada baixo o selo pescadeRías, ¿de onde se non?.
Trátase dunha especie robusta, que tolera un amplio rango de condicións ambientais e que aparece fixada sobre susbtratos duros como rochas, pedras soltas ou restos de cunchas. As súas valvas son sólidas e moi rugosas, a inferior profundamente cóncava e a superior lixeiramente convexa. Tenden a ser oblongas, sendo 60 mm a súa talla mínima de captura.