Nova especie certificable

A ostra rizada (Crassostrea gigas), poderá ser comercializada baixo o selo pescadeRías, ¿de onde se non?.

Trátase dunha especie robusta, que tolera un amplio rango de condicións ambientais e que aparece fixada sobre susbtratos duros como rochas, pedras soltas ou restos de cunchas. As súas valvas son sólidas e moi rugosas, a inferior profundamente cóncava e a superior lixeiramente convexa. Tenden a ser oblongas, sendo 60 mm a súa talla mínima de captura.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *