Acto de entrega de certificados de la marca pescaenverde

El 26 de marzo, la Lonja de Ribeira fue el escenario de la entrega de los certificados de la marca de garantía pescaenverde a las lonjas certificadas por la marca pescadeRías, ¿de onde se non?, en el marco de la alianza entre la Universidad de Santiago de Compostela y la Consellería do Mar. Recibieron el reconocimiento las cofradías de pescadores de Cabo de Cruz, Cedeira, Ferrol, Pobra do Caramiñal, Vilaxoan y la Lonja de Ribeira S.L. Con estas seis entidades, son 39 las lonjas y centros de primera venta que usan las marcas pescadeRías y pescaenverde en sus etiquetas.

La marca pescaenverde, creada por el Grupo de Investigación de Biotecnología Ambiental de la Universidad de Santiago de Compostela, aporta información al consumidor sobre el impacto que los productos pesqueros tienen sobre el medioambiente, a través de dos indicadores: la huella de carbono y la tasa de retorno energética- TRE.

El acto fue presidido por la conselleira do Mar, Rosa Quintana, el rector de la Universidad de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz y la teniente de alcalde del ayuntamiento de Ribeira, María Sampedro.

Boletín Europeo

O Parlamento Europeo, destaca como historia do mes, no seu boletín de novas de febreiro, o proxecto da marca pescadeRías, ¿de onde se non?, apoiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). A noticia amosa a importancia da marca na promoción e posta en valor dos produtos procedentes da pesca artesanal, así como a variedade de axentes implicados e o aseguramento da trazabilidade en toda a cadea de valor dos produtos certificados, ata chegar ás persoas consumidoras. Preme aquí para ver a nova publicada no boletín do Parlamento Europeo.

Charlas en Escolas de Hostalaría

No mes de marzo, comezou o programa formativo en centros de Hostalaría / Industrias Alimentarias de Galicia. Nas charlas e obradoiros prácticos dáse a coñecer ao alumnado a marca pescadeRías, ¿de onde se non?, o seu significado, os produtos, os requisitos e o seu funcionamento. Os centros participantes durante este mes foron: Programa de emprego O Pote II de Ribeira, Escola Hostalaría Álvaro Cunqueiro de A Coruña, Escola de Especialidades da Estación Naval da ESENGRA en Ferrol, I.E.S de CATABOIS de Ferrol (Industrias alimentarias) e Escola de Hostalaría San Javier de A Coruña.

Especies de tempada: Ourizo

O ourizo é un equinodermo que vive en fondos rochosos cubertos de algas, aínda que tamén en fondos areosos con algas coralinas.

Atópase desde augas superficiais ata 80 m de profundidade, sendo máis abundante por riba dos 20 m, sobre todo en zonas de rompente. Extráese a pé e a mergullo en apnea ou con subministro de aire desde superficie. De plena tempada no mes de marzo, do ourizo só se consume a gónada.

Preme aquí para coñecer máis información sobre este equinodermo.

Aperturas e peches

O 31 de marzo, finalizou o período autorizado para a captura do lumbrigante en Galicia, que será permitida de novo o 1 de xullo. Tamén nesta data, rematou a campaña da volandeira na Ría de Arousa.

Do 15 de abril ata o 15 de novembro, terá lugar a campaña da zamburiña na Ría de Ferrol. A zamburiña en Galicia captúrase case na súa totalidade nesta Ría, e é explotada polas confrarías de Ferrol, Mugardos e Barallobre. O 19 de abril comeza a campaña da vieira en Redondela, que previsiblemente durará dúas semanas.

Campaña da vieira en Ferrol

O luns, 23 de marzo, comezou a campaña de extracción da vieira na Ría de Ferrol. 12 embarcacións procedentes das Confrarías de Pescadores de Ferrol, Barallobre e Mugardos descargaron as súas capturas na Lonxa de Ferrol.

A campaña prolongarase ata mediados de abril cun tope diario de 3.000 kg, entre todos os barcos. Tras pasar por un proceso de depuración, eviscerarase nas empresas Vieiras de Ferrol S.L. e Porto de Cambados S.L., ambas entidades certificadas polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?.

Especies certificables

Os pepinos do mar, son especies con ampla presenza nas nosas costas. Aínda que no noso territorio non esteamos habituados ao seu consumo, algunhas confrarías galegas contan con plans para a súa explotación polo seu interese comercial noutras comunidades ou países. As 4 especies amparadas pola marca son: cogombro de mar vermello (Parastichopus tremulus), cogombro de mar negro (Holothuria forskali), cogombro de mar tubo (Holothuria tubulosa) e cogombro de mar real (Parastichopus regalis). Preme aquí para saber máis.

Fin da campaña marisqueira en Noia

O pasado mércores 30 de marzo, rematou a campaña marisqueira na Ría de Noia, na que participaron arredor de 1500 persoas autorizadas para a extracción de berberecho, ameixa fina, ameixa babosa e ameixa xaponesa, entre mariscadores/as a pé e dende embarcación.  Os bivalvos comercializados na lonxa de Testal e o centro de primeira venda de O Freixo están certificados polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?.

Os nosos usuarios: Vieiras de Ferrol

Coincidindo coa apertura da campaña da vieira na ría de Ferrol, a empresa certificada Vieiras de Ferrol, S.L., reiniciou a súa actividade como centro autorizado para o eviscerado deste bivalvo. Vieiras de Ferrol, S.L. comercializa vieiras e zamburiñas evisceradas,  conxeladas ou en fresco, e co selo pescadeRías busca a posta en valor dos seus produtos.

Pesquería da xarda

A Secretaría Xeral de Pesca, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, ven de publicar tres resolucións polas que establecen disposicións adicionais da pesquería da xarda (Scomber scombrus) das zonas VIIIc e IXa, para os buques da frota doutras artes distintas ao arrastre e cerco do Cantábrico e Noroeste, con porto base nas provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo.