A lagosta é un crustáceo de corpo moi robusto, cor vermella ou violeta parda, e con manchas amarelas simétricas sobre o abdome. A cabeza ten moitas espiñas e longas antenas. Habita en fondos rochosos e captúrase de xeito artesanal con nasas especiais ou con artes de enmalle. A súa veda é durante o último trimestre do ano, polo que en verán podemos desfrutar deste prezado marisco, baixo en graxas e rico en vitaminas, minerais e proteínas de alto valor biolóxico. Preme aquí para ver unha ficha que contén máis información sobre os seus valores nutricionais.