Especies pescadeRías: lagosta

A lagosta é un crustáceo de corpo moi robusto, cor vermella ou violeta parda, e con manchas amarelas simétricas sobre o abdome. A cabeza ten moitas espiñas e longas antenas. Habita en fondos rochosos e captúrase de xeito artesanal con nasas especiais ou con artes de enmalle. A súa veda é durante o último trimestre do ano, polo que en verán podemos desfrutar deste prezado marisco, baixo en graxas e rico en vitaminas, minerais e proteínas de alto valor biolóxico. Preme aquí para ver unha ficha que contén máis información sobre  os seus valores nutricionais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *