Estrelas Solidarias no Camiño de Santiago

Un ano máis, o restaurante Casa Barqueiro organiza o evento gastronómico solidario «Estrelas no Camiño de Santiago», a beneficio da Asociación Galega da Síndrome X Fráxil.

O evento terá lugar o 10 de xuño na Finca Casa Barqueiro situada no Lugar de Gonte, A Coruña, e contará coa participación de prestixiosos chefs Estrela Michelín.

Dentro de este evento, os produtos certificados pola marca pescadeRías de onde se non? serán protagonistas dos menús gastronómicos. Preto de 40 profesionais da cociña que suman más de 80 Estrelas Michelín terán a oportunidade de coñecer en directo as bondades dos produtos certificados pola marca.

De xeito complementario, no mes de maio levouse a cabo a campaña Bocado Solidario, en colaboración con Estrella Galicia e as cinco asociacións de hostalería de Galicia. Cada un dos restaurantes que participaron deseñou un Bocado Solidario e, de cada consumición deles, destinou unha doazón en favor da Asociación Galega da Síndrome X Fráxil.

Información e reservas aquí.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *