Do 8 ao 10 de novembro celebrouse en Pontevedra a novena edición da feira ETIQUETA NEGRA Gourmet galego e innovación inspiradora.
O domingo día 9 tivo lugar o showcooking GALICIA SABE AMAR. pescadeRías de onde se non?, onde Héctor López do Restaurante España de Lugo presentou as súas creacións con robaliza e berberechos certificados. Unha boa oportunidade para amosar a riqueza e a calidade dos produtos da pesca artesanal galega.
Participaron na feira as empresas certificadas Costas y Miñán S.L. e Insuapesca S.L.