La receta del mes

El sargo es un pescado semigraso, frecuente en nuestra pesca artesanal, muy sabroso y que podemos encontrar con facilidad en nuestra pescadería de confianza. Además de las proteínas de buena calidad que nos aporta, contiene selenio, que fortalece el sistema inmune y combate el envejecimiento, así como vitaminas del complejo B.

Ignacio Cancela, chef del Restaurante San Francisco, situado en el corazón de la villa marinera de Malpica de Bergantiños y adherido recientemente al sello pescadeRías, ¿de onde se non?, nos muestra cómo prepararlo al horno, de forma sencilla, acompañado de productos de la huerta de temporada.

Una receta ligera, nutritiva y llena de sabores a mar y tierra. Puedes consultarla pinchando aquí.

Curso de reconocimiento de especies de interés comercial en Galicia

El 5 de julio, en el marco del sello pescadeRías, ¿de onde se non?, tuvo lugar el primero de los cursos de reconocimiento de especies de interés comercial en la lonja de Ribeira. Esta actividad formativa está dirigida a personal de lonjas y tiene como objetivo mejorar el conocimiento de las especies pesqueras mostrando las características más importantes de su anatomía, claves para la identificación de las especies que pueden llevar a confusión. El curso fue impartido por Rafael Bañón, doctor en ciencias biológicas y experto ictiólogo. A La acción formativa se convoca también al personal de las lonjas próximas al lugar de celebración para que puedan asistir.

En los próximos meses se organizarán más cursos en las principales lonjas certificadas que subastan capturas de peces.

Curso de recoñecemento de especies de interese comercial en Galicia

O 5 de xullo, no marco do selo pescadeRías, ¿de onde se non?, tivo lugar o primeiro dos cursos de recoñecemento de especies de interese comercial na lonxa de Ribeira. Esta actividade formativa está dirixida a persoal de lonxas e ten como obxectivo mellorar o coñecemento das especies pesqueiras amosando as características máis importantes da súa anatomía, chaves para a identificación das especies que poden levar a confusión. O curso foi impartido por Rafael Bañón, doutor en ciencias biolóxicas e experto ictiólogo. Á acción formativa convócase tamén ao persoal das lonxas próximas ao lugar de celebración para que poidan asistir.

Nos próximos meses organizaranse máis cursos nas principais lonxas certificadas que subastan capturas de peixe.

Gañadora Sorteo de Verán

Xa temos gañadora do sorteo de verán. A premiada é Margarita Ríos, que recibiu un vale por valor de 100 € para gozar nun restaurante adherido ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?. Parabens!

Coñeces os establecementos de restauración adheridos á marca pescadeRías, onde podes degustar produtos da pesca artesanal? Na nosa web podes atopalos, preme aquí para consultar o listado completo.

Os nosos usuarios: Fish Factory S.L.

En Fish Factory S.L., empresa certificada polo selo pescadeRías, ¿de onde se non? para moluscos bivalvos e peixes, distribúen conservas de calidade excepcional baixo a marca La Curiosa, elaboradas de forma artesanal.

Cabe destacar tamén o orixinal deseño das latas de conservas, nas que narran os principais feitos de cada ano, desde 1940 ata a actualidade.

Especies de tempada: sardiña

A sardiña (Sardina pilchardus) é un peixe azul de pequeno tamaño, corpo alongado e esvelto, cor azul verdosa e ventre prateado. Durante os meses estivais está no seu mellor momento de consumo, coa cantidade de graxa axeitada.  Rica en proteínas de alto valor biolóxico, destaca polo alto contido en ácidos graxos omega 3, entre outras calidades nutricionais. Na cociña é moi versátil e admite múltiples preparacións tanto fresca como en conserva. Preme aquí para saber máis.

Aperturas e peches

O 1 de xullo, nécoras e lumbrigantes regresaron ás lonxas galegas despois de finalizar o período de veda para ambos crustáceos. O 5 de xullo finalizou a veda do polbo conforme se recolle no plan experimental para a xestión desta especie. En canto aos peches, a centola entrou en veda o pasado 19 de xuño desde a desembocadura do río Miño ata o cabo de Estaca de Bares e o 26 de xuño entre Estaca de Bares e o Río Eo. Por outra banda, publicouse a Resolución pola que se autoriza o Plan de Xestión coa arte de boliche entre os meses de xullo e  outubro de 2021.

VIII Premio Aymeric Picaud

Periodistas procedentes de Francia, Portugal, Navarra, Aragón, Madrid, La Rioja, Burgos, Palencia, León, Lugo e Santiago de Compostela, integrantes da Liga de Asociacións de Periodistas do Camiño de Santiago e asistentes á entrega do VIII Premio Internacional Aymeric Picaud de divulgación periodística do Camino de Santiago á editorial francesa Le Vieux Crayon, coñeceron e degustaron os produtos certificados polo selo pescadeRías, ¿de onde se non? nunha cea mariñeira que tivo lugar o 26 de xuño no hotel Bela Fisterra.

Especies pescadeRías: lagosta

A lagosta é un crustáceo de corpo moi robusto, cor vermella ou violeta parda, e con manchas amarelas simétricas sobre o abdome. A cabeza ten moitas espiñas e longas antenas. Habita en fondos rochosos e captúrase de xeito artesanal con nasas especiais ou con artes de enmalle. A súa veda é durante o último trimestre do ano, polo que en verán podemos desfrutar deste prezado marisco, baixo en graxas e rico en vitaminas, minerais e proteínas de alto valor biolóxico. Preme aquí para ver unha ficha que contén máis información sobre  os seus valores nutricionais.

Sabor a Cedeira

A Confraría de Pescadores e o Concello de Cedeira, no marco do proxecto Pesca de Costa – CEDEIXURA, realizaron o vídeo Sabor a Cedeira co obxectivo de visibilizar a calidade diferencial e a trazabilidade dos produtos da pesca de baixura e do marisqueo. O vídeo amosa tamén o traballo do sector minorista da peixería Costa Ártabra e da peixería Rosa, así como do restaurante Vilavella, todos eles adheridos ao selo pescadeRías.

Así mesmo, organizaron 2 showcooking dirixidos ao sector da hostalaría con peixes e bivalvos certificados da Lonxa de Cedeira dirixidos polos cociñeiros Iñaki Bretal, do restaurante O Eirado, e por Miguel A. Campos, do restaurante A Gabeira, ambos adheridos a pescadeRías. Preme aquí para ver o vídeo.