Accións formativas

No mes de xuño, impartiuse formación en Hixiene e Manipulación de alimentos ao persoal da Lonxa de Vilanova de Arousa, da Lonxa de Porto do Son e da Lonxa de Portonovo.

Acreditar que o personal responsable da manipulación dos produtos da pesca estea formado é requisito indispensable para todas as entidades certificadas ou en proceso de certificación polo selo pescadeRías, ¿de onde se non? e así se reflicte nos correspondentes plans de formación. A certificación dos produtos garante, ademais da súa procedencia da pesca artesanal, que contan con todas as garantías hixiénicas e sanitarias para o seu consumo de xeito seguro, así como que cumpren con todos os requisitos esixidos pola lexislación vixente.

Convocatoria de PERMEX

Convocados procesos selectivos para o acceso ao permiso de explotación na modalidade de marisqueo a pé para o exercicio da actividade extractiva na “Asociación de Mariscadoras Fonte Santa Helena” de Baldaio e na Confraría de Pescadores de Vilaxoán.

Convocado proceso selectivo para o outorgamento da modalidade de ourizo na modalidade de embarcación con técnicas de mergullo, para o plan conxunto das Confrarías de Pescadores de Espasante e O Barqueiro e para o outorgamento da modalidade de percebe a flote, da Confraría de Pescadores de Espasante.

Podes atopar toda a información relacionada premendo aquí.

Novos restaurantes adheridos

En Santiago de Compostela, a barra gastronómica Lume by Lucía Freitas, ubicada a carón da praza de abastos, ofrece unha cociña informal en dous formatos, menú degustación onde os produtos da marca están moi presentes e unha cociña máis rápida na súa terraza.

Nas Rías Baixas, en A Casa de Rosa de Mazaroca (San Adrián de Cobres, Vilaboa), poderedes degustar as súas propias receitas de cociña tradicional baseada no produto.  En O Pescador (Portonovo), onde están moi presentes os produtos do mar, poderedes degustar os mellores peixes e mariscos desfrutando ao mesmo tempo das vistas ao seu porto.

Nova peixería adherida

Coa apertura e adhesión á marca dun novo local no Mercado Municipal Quiroga Ballesteros, en Lugo, xa son tres os establecementos que Da Lonxa ao Prato ten adheridos ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?.

Nas súas peixerías de Lugo, Monforte de Lemos e A Pobra do Caramiñal, a empresa distribuidora de peixe e mariscos Da Lonxa ao Prato, cuxa depuradora de moluscos bivalvos está certificada pola marca pescadeRías, ¿de onde se non?, pon a disposición da súa clientela, peixes e mariscos da pesca artesanal, procedentes de lonxas galegas.

Certificacións e seguementos

Durante o mes de xuño, a Confraría de Pescadores de “Pedra da Oliveira” (bivalvos) recertificouse no selo pescadeRías, ampliando o seu alcance de certificación á comercialización de cefalópodos. Tamén se recertificaron no selo a Confraría de Pescadores de Moaña (bivalvos), a Lonxa de Campelo AIE (bivalvos, cefalópodos, crustáceos e peixes) e a Confraría de Pescadores A Pastoriza de Vilanova de Arousa (bivalvos, crustáceos e algas). Por outra banda, as empresas distribuidoras e transformadoras Frigorífica Botana, S.L. (peixes) e Mares de Galicia S.A. (bivalvos, crustáceos, equinodermos e gasterópodos), superaron auditorías de seguemento da marca.

Convocatorias de axudas

Axudas destinadas a compensar as empresas de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura que tivesen perdas de produción entre o 1 de febreiro e o 31 de decembro de 2020, como consecuencia do brote de Covid-19. Prazo 28/07/21.

Axudas para proxectos colectivos que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental. Prazo 28/07/21.

Axudas autonómicas para proxectos colectivos destinados a investimentos en portos pesqueiros, lonxas e lugares de desembarque, que faciliten o cumprimento da obriga de desembarque das capturas e o incremento do valor dos compoñentes infrautilizados das capturas. Prazo 08/07/21.

A vieira e a economía circular

A economía circular baséase na evolución do concepto tradicional das 3 R (reducir, reutilizar e reciclar) a un sistema multi- R (repensar, redeseñar, redistribuír, recuperar, reparar…) buscando un ciclo de utilización continuo dos recursos.

O consumo tradicional da vieira permitiu explorar unha infinidade de aplicacións:  Instrumento musical, cinceiro, envase para cociñar, enmenda ao solo, utensilio para beber ou material de construción.

Se se compara o seu contido proteico e pegada de carbono con diferentes grupos de alimentos, a vieira atópase situada entre aqueles que achegan unha maior cantidade de proteína pero cunha menor pegada de carbono. Preme aquí para ver o artigo de Gumersindo Feijoó, catedrático de enxeñería química na Universidade de Santiago de Compostela.

 

A receita do mes

O sargo é un peixe semigraxo, frecuente na nosa pesca artesanal, moi saboroso e que podemos atopar con facilidade na nosa peixería de confianza.  Ademais das proteínas de boa calidade que nos aporta, contén selenio,  que fortalece o sistema inmune e combate o envellecemento, así como vitaminas do complexo B.

Ignacio Cancela, chef do Restaurante San Francisco, situado no corazón da vila mariñeira de Malpica de Bergantiños e adherido recentemente ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?, amósanos como preparalo ao forno, de xeito sinxelo, acompañado de produtos da horta de tempada.

Unha receita lixeira,  nutritiva e chea de sabores a mar e terra. Podes consultala premendo aquí.

Contenido en grasa de los pescados

Existe una clasificación del pescado relacionada con su contenido en grasa: azul o graso, semigraso y blanco o magro. Este contenido varía según la época del año y factores intrínsecos al pescado (edad, sexo, alimentación, época de reproducción, etc).

Se consideran pescados grasos, aquellos con una proporción de grasa superior al 10%, semigrasos cuando el contenido está entre el 5 y el 10% y magros cuando es inferior al 5%. Recuerda que la grasa del pescado está compuesta por ácidos grasos insaturados omega3, tan importantes para la salud.

Charlas en escuelas de hostelería

El día 10 de mayo se impartieron dos charlas informativas sobre la marca pescadeRías, ¿de onde se non?, al alumnado de primero del Ciclo Superior de Dirección de Cocina y de primero del Ciclo Medio de Cocina y Gastronomía del CIFP Manuel Antonio. En las charlas se dieron a conocer diferentes aspectos de la marca, el etiquetado y trazabilidad de los productos del mar, seguridad alimentaria y la ecoetiqueta pescaenverde. Se completó la formación con el reconocimiento de diferentes especies de moluscos bivalvos.

¡Muchas gracias a todos/as por vuestra participación!