Guía Michelín 2021

A Guía Michelín España e Portugal do ano 2021 distingue a Galicia con 15 Estrelas Michelín, 3 Estrelas Verdes, pola súa aposta pola sustentabilidade e reducción do impacto medioambiental, e 25 restaurantes na categoría de Bib Gourmand, que recoñece aos establecementos cunha mellor relación calidade/prezo da guía.

Parabéns a todos e todas, especialmente aos adheridos á marca pescadeRías, ¿de onde se non?.

Recertificacións

En decembro, a lonxa de Redondela renovou a súa certificación no selo pescadeRías, ¿de onde se non? para cefalópodos e bivalvos e ampliou o seu alcance a peixes e crustáceos.

O produto máis coñecido que podemos atopar nesta lonxa é o choco, do cal o pasado ano comercializaron máis de 25 toneladas. Por outra banda, nos seus bancos marisqueiros, o conxunto das especies de bivalvos colleitados, superou as 40 toneladas.

Axudas a PEMES de transformación

Publicada a ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2021.

Convocatoria de axudas

Convocatoria de Axudas destinadas á primeira adquisición dun buque de pesca, da que poderán ser persoas beneficiarias os/as pescadores/as tripulantes de buques pesqueiros. O prazo de presentación remata o 01/02/21.

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade. En prazo ata o 15 de decembro de 2021.

Cursos de mariñeiro/a pescador/a

Convocados tres cursos de mariñeiro/a pescador/a na modalidade de teleformación na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol, na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira e no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo. O número total de prazas é de 180, a duración será de 50 horas e terán lugar entre o 22 de febreiro e o 09 de abril de 2021. O prazo de prematrícula remata o 22/01/21. Preme aquí para máis información.

Capturas accidentais de cetáceos

Publicada a Orde APA/1200/2020, de 16 de decembro, pola que se establecen medidas de mitigación e mellora do coñecemento científico para reducir as capturas accidentais de cetáceos durante as actividades pesqueiras.

A lexislación básica española en materia de protección e conservación da biodiversidade,  confire ás especies de cetáceos a máxima categoría de protección. Foto: CEMMA.

Mareas vermellas

As mareas vermellas son un fenómeno natural coñecido desde antigo en Galicia como “a purga  do mar”. Están asociadas ao desenvolvemento estacional do fitoplancto e á riqueza das nosas augas.

Francisco Rodríguez, investigador do Instituto Español de Oceanografía e membro do grupo de Microalgas Nocivas no Centro Oceanográfico de Vigo, ofrécenos neste artigo algunhas chaves para entender mellor este fenómeno.  Foto de Mónica Pazos.

A receita do mes

Comezamos o ano cunha receita elaborada cun peixe que está no seu mellor momento, a raia, que, como di o refrán, «en xaneiro sabe a carneiro».

A blogueira gastronómica María José Basanta, responsable do blogue Laurel y canela, proponnos preparala en ensalada morna, un prato lixeiro para despois das festas e axeitado para os meses fríos. Premendo aquí podes consultar esta receita, que vos animamos a probar.

Concurso Postal de Navidad 2020

La marca pescadeRías, ¿de onde se non? pone en marcha el concurso de fotografía para elegir la Postal de Navidad de este año, donde el protagonista será el patrimonio marítimo pesquero gallego. Las imágenes deben mostrar y poner en valor los oficios del mar y/o contar la historia del trabajo y del buen hacer de los hombres y mujeres que viven de la pesca artesanal en Galicia. El plazo de presentación de imágenes finaliza a las 23:59 horas de 17 de diciembre . La persona ganadora recibirá un lote de conservas certificadas.

Pincha aquí para conocer los pasos a seguir y las bases del concurso.

Asociación de Cocineros de Lugo

El 17 de noviembre tuvo lugar un encuentro con miembros de la junta directiva de la Asociación Provincial de Cocineros de Lugo. Durante el mismo, se conocieron los objetivos de la Asociación y se realizó una presentación de la marca pescadeRías, ¿de onde se non?, del papel de la restauración dentro de la misma y de su alianza con la ecoetiqueta Pescaenverde.

Disponer de información sobre el sello es de interés y una oportunidad para el sector de la restauración por su condición de prescriptores de productos procedentes de la pesca artesanal.