Entidade do mes: Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño

A Confraría de Pescadores de Carreira – Aguiño, fundada no ano 1924, é unha das entidades históricas do sector pesqueiro galego e un referente na posta en valor dos produtos do mar.

Certificada pola marca pescadeRías de onde se non? desde 2008, a súa certificación abrangue crustáceos, bivalvos e equinodermos. No ano 2025, o principal recurso comercializado por volume foi o ourizo, con 60 toneladas capturadas, seguido da navalla, o percebe e a ameixa babosa. Por importe de vendas, o percebe destacou como o recurso máis relevante, cunha facturación próxima aos 950.000 euros, que representou o 34% da recadación total.

Cada mes de xullo, a confraría organiza a tradicional Festa do Percebe de Aguiño, unha cita clave para achegar este produto de alta calidade ao público.

A entidade do mes: Fresco y del Mar

A entidade do mes de novembro é a empresa distribuidora Pesca Artesanal Fresco y del Mar S.L., certificada pola marca pescadeRías de onde se non? desde xullo de 2023 para peixe, cefalópodos, crustáceos e bivalvos.

Con sede en Esteiro (Muros), a empresa merca diariamente en diversas lonxas da Costa da Morte e da ría de Muros e Noia, apostando pola frescura, trazabilidade e calidade dos produtos da pesca artesanal galega.

Comercializan os seus produtos tanto a consumidor final como a profesionais. A entidade conta cunha peixería online adherida á marca pescadeRías de onde se non? Os pedidos pódense realizar a través da web, por correo electrónico ou por teléfono.

A entidade do mes: Pescados Loureda

A entidade do mes de outubro é Pescados Loureda S.L., certificada pola marca pescadeRías de onde se non? desde novembro de 2024 para peixe, cefalópodos, crustáceos e bivalvos. Con sede no porto da Coruña, a empresa merca diariamente en diversas lonxas galegas, garantindo frescura, trazabilidade e calidade nos produtos da pesca artesanal galega.

Especializada no abastecemento de comedores escolares, hospitais e outras colectividades, destaca pola súa aposta por un modelo responsable baseado na estratexia Desperdicio Cero. Ofrece máis de cen referencias e máis de vinte tipos de preparación de peixe fresco e aporta valor pola súa capacidade de aconsellar e acompañar á súa clientela.

A entidade do mes: Confraría de Pescadores de Sada

A Confraría de Pescadores de Sada forma parte da marca de calidade pescadeRías de onde se non? desde o ano 2008. A súa actividade principal céntrase na comercialización de peixe azul procedente da flota do cerco, coa sardiña como principal recurso.

A certificación abrangue a lonxa, como punto de primeira venda, e a actividade de distribución, e inclúe os grupos biolóxicos de peixes, crustáceos e cefalópodos.

A confraría dispón dun punto de venda directa ao consumidor na lonxa de Sada e tamén dunha tenda online que realiza envíos á Península Ibérica.

Entidade do mes: Artesa Rías Baixas

Artesa Rías Baixas, S.L., baixo a súa marca Artesa Despensa Atlántica, posicionase como un referente na comercialización de produtos da pesca artesanal galega. Situada no Polígono Industrial de Barro-Meis (Pontevedra), a empresa está especializada en fornecer produtos de alta gama ao sector da restauración e ás tendas gourmet.

Artesa Rías Baixas S.L. está certificada pola marca pescadeRías de onde se non? como centro de expedición, depuradora, distribuidora e empresa transformadora para a comercialización de bivalvos, cefalópodos, crustáceos, equinodermos e peixes. Entre os seus produtos estrela atópanse a vieira, a volandeira, o polbo e o ourizo de mar procedentes das rías galegas, que comercializan en fresco, con orixe e trazabilidade garantidas.

A entidade do mes: Cetaria Salitre

A entidade deste mes é a Cetaria Salitre, ubicada en Porto de Son, que conta cun punto de venda físico e tenda en liña. Desde o ano 2020 ofrecen ao público todo tipo de crustáceos e moluscos procedentes da pesca artesanal e local. Tamén venden peixe baixo pedido e conservas artesanais de peixes e mariscos de alta gama.

Contan coa certificación pescadeRías de onde se non? para as actividades de cetaria e distribución de crustáceos, cefalópodos, bivalvos e peixes.

Realizan envíos a toda a península e Baleares, e tamén a outros países, entre eles Portugal, Francia e Alemania.

Máis información aquí.

A entidade do mes

Conservas Antonio Alonso S.A. é a empresa conserveira máis antiga en activo de España. Fabrican a marca Palacio de Oriente, recoñecida dentro e fóra das nosas fronteiras, e xa celebraron os seus primeiros 150 anos de historia.

Contan coa certificación pescadeRías de onde se non? para a transformación de moluscos bivalvos. A súa filosofía de traballo resúmese así:

Coñecemos, coidamos e amamos o mar para que este nos regale peixes e mariscos de primeira calidade. Elaboramos as nosas conservas respectando a tradición, porque só así podemos levar á túa mesa ese sabor inconfundible que nos define dende fai 5 xeracións.

Entidade do mes: Da lonxa ao prato

Da Lonxa ao Prato S.L. é  unha empresa familiar con base en Ribeira e profundamente imbricada no sector da pesca desta localidade. Dedícase á venda de produtos pesqueiros frescos, a maioristas e minoristas, tanto a nivel local e autonómico, como nacional e internacional.

Teñen unha instalación depuradora de moluscos bivalvos e cetárea propia. Están certificados pola marca para a comercialización de bivalvos, peixes, cefalópodos, crustáceos, equinodermos e antozoos.

Entidade do mes: Confraría de Pescadores de Malpica

A actividade das persoas socias da confraría de pescadores de Malpica de Bergantiños está centrada na pesca artesanal: a pesca do cerco e a pesca con artes menores (enmalle, anzol e nasas) son as súas principais modalidades.

No ano 2023, as principais especies descargadas por volume foron a sardiña, a pescada, a saboga e a xarda. En volume de ingresos destacan, nesta orde, o polbo, a robaliza, o xurelo e o linguado.

Está certificada pola marca pescadeRías de onde se non? para a comercialización cefalópodos, crustáceos e peixe.