Estrelas Solidarias no Camiño de Santiago

O restaurante Casa Barqueiro organizou a undécima edición do evento gastronómico solidario «Estrelas no Camiño de Santiago», este ano a beneficio da Asociación Saúde Mental A Creba e da Fundación de Persoas con Discapacidade Intelectual Barcala. O evento, que tivo lugar o 2 de xuño, contou coa participación de prestixiosos chefs que suman máis de 60 Estrelas Michelín, para dar visibilidade á saúde mental e apoio ás persoas con discapacidade intelectual.

A axenda do evento comezou pola mañá cunha experiencia inmersiva na ría de Muros-Noia. Os chefs visitaron ás instalacións do criadeiro de moluscos do Freixo e realizaron unha sementeira de máis de 65.000 exemplares de ameixa na praia de Testal. Estas actividades foron conducidas polos responsables da Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia, entidade certificada pola marca pescadeRías de onde se non? Para rematar, puideron desfrutar dunha degustación de produtos co selo Galicia Calidade.

A actividade central tivo lugar pola tarde na Finca Casa Barqueiro situada no Lugar de Gonte, A Coruña, coa celebración da feira gastronómica e da cea tipo cóctel. Os produtos certificados pola marca pescadeRías de onde se non? foron protagonistas dos menús gastronómicos. Os profesionais da cociña e demais persoas asistentes tiveron  a oportunidade de coñecer en directo as bondades dos produtos procedentes da pesca artesanal galega.

Estrellas Solidarias en el Camino de Santiago

Un año más, el restaurante Casa Barqueiro organiza el evento gastronómico solidario «Estrellas en el Camino de Santiago», a beneficio de la Asociación Gallega del Síndrome X Frágil.

El evento tendrá lugar el 10 de junio en la Finca Casa Barqueiro situada en el Lugar de Gonte, A Coruña, y contará con la participación de prestigiosos chefs Estrella Michelín.

Dentro de este evento, los productos certificados por la marca pescadeRías de onde se non? serán protagonistas de los menús gastronómicos. Cerca de 40 profesionales de la cocina que suman más de 80 Estrellas Michelín tendrán la oportunidad de conocer en directo las bondades de los productos certificados por la marca.

De manera complementaria, en el mes de mayo se llevó a cabo a campaña Bocado Solidario, en colaboración con Estrella Galicia y las cinco asociaciones de hostelería de Galicia. Cada uno de los restaurantes que participaron diseñó un Bocado Solidario y, de cada consumición, destinó una donación en favor de la Asociación Gallega del Síndrome X Frágil.

Información y reservas aquí.

Estrelas Solidarias no Camiño de Santiago

Un ano máis, o restaurante Casa Barqueiro organiza o evento gastronómico solidario «Estrelas no Camiño de Santiago», a beneficio da Asociación Galega da Síndrome X Fráxil.

O evento terá lugar o 10 de xuño na Finca Casa Barqueiro situada no Lugar de Gonte, A Coruña, e contará coa participación de prestixiosos chefs Estrela Michelín.

Dentro de este evento, os produtos certificados pola marca pescadeRías de onde se non? serán protagonistas dos menús gastronómicos. Preto de 40 profesionais da cociña que suman más de 80 Estrelas Michelín terán a oportunidade de coñecer en directo as bondades dos produtos certificados pola marca.

De xeito complementario, no mes de maio levouse a cabo a campaña Bocado Solidario, en colaboración con Estrella Galicia e as cinco asociacións de hostalería de Galicia. Cada un dos restaurantes que participaron deseñou un Bocado Solidario e, de cada consumición deles, destinou unha doazón en favor da Asociación Galega da Síndrome X Fráxil.

Información e reservas aquí.