Con moito amor e respecto polo océano, este mes celébrase a X Edición do Festival Mar de Mares. De novo, o seu mercado converterase na actividade principal, cunha programación propia, os días 23 e 24 de setembro.
Un ano máis, os produtos certificados da marca pescadeRías, ¿de onde se non? estarán presentes nas degustacións guiadas que terán lugar no Mercado Mar de Mares, ubicado na Explanada do Parrote.
En paralelo ás explicacións dos cociñeiros de renome que elaborarán os pratos en directo, teremos oportunidade de coñecer da man do persoal técnico da marca as características, modalidades de captura e xeito de vida das especies a degustar.
Toda a programación aquí.