A Consellería do Mar estará presente co stand institucional da Xunta de Galicia no Congreso Saborea Andalucía que se celebrará en Sevilla do 3 ao 5 de outubro. Galicia é a comunidade autónoma invitada desta edición.
A marca pescadeRías, ¿de onde se non? estará presente no stand institucional da Xunta de Galicia.
Durante o evento celebraranse presentacións e degustacións guiadas de produtos certificados e impartiranse dous relatorios, un sobre a promoción dos produtos do mar en Galicia e outro sobre a marca pescadeRías, ¿de onde se non?