Formación

En abril recibiron formación en Hixiene e Manipulación de Alimentos o patrón maior, a asistencia técnica e o persoal administrativo da Confraría de Pescadores de Miño. Esta acción, orientada á implantación do sistema APPCC (Análise de Perigos e Puntos de Control Crítico), busca formar ao equipo no aseguramento da calidade e seguridade dos produtos.

A formación enmárcase no proceso de preparación para a obtención da certificación pescadeRías de onde se non?, que garante a orixe e frescura dos produtos do mar, reforzando o compromiso da confraría coa sustentabilidade e a trazabilidade.

Formación

No mes de febreiro impartiuse formación en hixiene e manipulación de alimentos a tres entidades certificadas: Mariscos Comesaña S.L., Lonxa de Sada e Lonxa de Cambados.

A formación en Mariscos Comesaña S.L. estivo dirixida ao persoal da empresa co obxectivo reforzar os coñecementos e as boas prácticas esenciais para garantir a seguridade, trazabilidade e a calidade dos produtos do mar.

Nas confrarías de Sada e Cambados participou o persoal responsable de garantir a trazabilidade e as boas prácticas de manipulación dos productos da pesca.

Formación

O pasado mes impartimos unha sesión formativa en hixiene e manipulación de alimentos destinada ao persoal da empresa certificada Mariscos Calimar S.L.

Participaron no curso o equipo fixo da depuradora e o persoal eventual que se encarga do escachado do ourizo durante a campaña, que actualizaron os seus coñecementos para garantir a seguridade e calidade dos produtos do mar.

Mariscos Calimar S.L. uniuse á marca pescadeRías de onde se non? en 2016, e a súa certificación abrangue bivalvos, equinodermos e crustáceos.