Do 5 ao 8 de xuño, a marca pescadeRías de onde senon? participa no 28º Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat Abanca), en Silleda. A Consellería do Mar conta cun stand institucional con sala de catas, onde se promocionan os produtos do mar galegos.
O xoves 5 e o sábado 7 de xuño celebraranse demostracións de peixe e marisco certificado. Seis empresas participan como expositoras, entre elas Insuapesca S.L., adherida á marca pescadeRías de onde se non?
Este evento representa unha oportunidade para reforzar a visibilidade da pesca artesanal, difundir a súa calidade e fomentar o seu consumo a través de experiencias culinarias directas co público asistente.