Plan de xestión da sardiña

O pasado 12 de marzo publicouse no Diario Oficial de Galicia o Plan de xestión da sardiña (Sardina pilchardus) con arte de xeito para o ano 2024 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

O plan establece as condición nas que se desenvolverá a actividade, comos as características da arte, tamaño mínimo de captura, especies acompañantes, topes de captura mensuais, horarios, puntos de control e venda, mostraxes e seguimento, entre outros aspectos.

Para ver a resolución completa, preme aquí.

Permisos de explotación-PERMEX

Están abertos os procesos selectivos para o acceso a distintos permisos de explotación nas seguintes confrarías:

Confraría de Pescadores de Camelle . Algas a pé, mergullo en apnea e con subministro de aire dende a superficie. Información nesta ligazón e nesta outra.

Confraría de pescadores de Corcubión. Anemones a pé. Información aquí.

Confraría de Pescadores de Miño. Poliquetos a pé. Información aquí.

Confraría de pescadores de Palmeira. Solénidos. Mergullo en apnea. Información aquí.

Cursos Mariñeiro-pescador

Están abertas as convocatorias de preinscripción para os cursos de mariñeiro-pescador na modalidade de teleformación, xestionados pola Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira, a Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol e o Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

Convocatoria Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira. Información aquí.

Convocatoria Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol. Información aquí.

Convocatoria Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo. Información aquí.

O artigo do mes

Este mes, o artigo que vos achegamos vén da man de dous biólogos mariños cunha ampla traxectoria de investigación e divulgación sobre o medio mariño galego: Rafael Bañón e Manuel E. Garci.

O artigo preséntanos as especies de peixes máis coloridas das augas de Galicia, e explica os seus patróns de pigmentación. Esperamos que vos guste.

Podes ler aquí o artigo completo.

A receita do mes

O sanmartiño (Zeus faber) é un delicioso peixe que vale a pena probar se o atopamos na nosa peixería. Ten unha carne apreciada e saborosa que fai moitos amigos cando ocupa o seu lugar no prato. É un dos mellores peixes para facer ao sal, no forno e tamén para filetear, pola súa carne compacta. Tamén se pode facer en caldeirada.

Anxo Fernández, chef do Hostal La Viuda, en A Pobra de Trives, proponnos esta sinxela receita coa que podemos sorprender aos nosos convidados. 

Podes ver a receita completa aquí.