Do 23 ao 26 de marzo celebrouse a Feira Alimentaria Barcelona, que contou coa presenza da Consellería do Mar nun stand con 500 m2 de zona expositiva, repartidos en tres áreas para as empresas coexpositoras e unha zona para cociña, descanso e centro de negocios.
Participaron un total de 25 empresas da conserva e da transformación de peixes e mariscos, incluídas oito empresas certificadas: O Percebeiro S.L., Conservera Gallega S.A., Costas y Miñán S.L., Mares de Galicia S. A., Conservas Portomar SLU., Fish Factory, S.L., Conservas La Brújula, S.L. e Porto-Muiños, S.L. Tamén acudiron asociacións da industria dos produtos do mar, entre as que se atopaban Anfaco Cecopesca, e a D.O.P. Mexillón de Galicia.