Poden os sedimentos influír na produtividade dos bancos marisqueiros?

No artigo deste mes, Natalia Bienzobas, José Guitián e Ana M. Bernabeu, investigadores/as da Universidade de Vigo, analizan a influencia do tamaño de gran dos sedimentos na produtividade dos bancos marisqueiros da Ría de Arousa.

O obxectivo do estudo, realizado en colaboración con tres confrarías locais no marco do proxecto europeo TransformAr, é comprender como as características sedimentarias afectan ao desenvolvemento dos bivalvos. A investigación busca xerar datos a longo prazo que permitan anticipar cambios e garantir a sustentabilidade da actividade marisqueira galega.

Podes ler o artigo completo aquí.

A receita do mes

O cociñeiro Marcos Cabanas, do restaurante El Olivo Cociña & Bar de Narón, proponnos unha sinxela e fantástica receita da cociña atlántica: pinto con licuado de algas.

Esta elaboración foi unha das que se presentaron no showcooking «pescadeRías de onde se non? – De proximidade e con selo propio», dentro da 38ª edición do Salón Gourmets, celebrado en Madrid o pasado mes.

Con poucos ingredientes e un proceso doado de seguir, esta proposta é excelente tamén para introducir as algas na cociña, gozando do seu sabor único mariño.

Podes ver a receita completa aquí.