Axudas

Aberta a convocatoria de axudas:

PE120B | Investimentos que melloren as condicións laborais e seguridade a bordo

PE201B | Pemes de transformación de produtos do mar

PE610A | Accións formativas que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro

PE120C | Eficiencia enerxética e mitigación do cambio climático e/ou reducción das emisións de CO2

PE120A | Diminución do efecto da pesca

PE209F | Protección e recuperación da biodiversidade mediante a recollida de residuos e de arribazóns

PE120E | Investimentos que aumenten o valor engadido, a economía circular e a seguridade alimentaria

Axudas

A Consellería do Mar vén de publicar varias convocatorias de axudas para o sector pesqueiro e marisqueiro:

PE155C: axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros e das súas asociacións.

PE209H: axudas a proxectos de rexeneración de bancos marisqueiros con problemas de perda de produtividade, orientadas á mellora da xestión e á conservación sostible dos recursos mariños.

PE209B: axudas a proxectos colectivos para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sostibles.

PE119A: axudas destinadas á primeira adquisición dun buque de pesca.

Axudas remuda xeracional na pesca

A Consellería do Mar publicou a convocatoria de axudas para fomentar a remuda xeracional no sector pesqueiro, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). O obxectivo é facilitar o embarque do alumnado de ciclos formativos náutico-pesqueiros, de xeito que se lles ofrece a oportunidade de realizar prácticas a bordo que melloren as súas capacidades profesionais e impulsen a súa incorporación ao sector.

Así mesmo, a liña de axudas pretende busca apoiar ás persoas armadoras, coa compensación de parte dos gastos derivados da acollida destes estudantes.

Máis información aquí.

Axudas GALP

Está aberta a convocatoria para o ano 2025 para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027 (código de procedemento PE155A).

O prazo de presentación remata o 21/03/2025.

Podes ver toda a información sobre o procedemento aquí.

Axudas

Está aberta a convocatoria para o ano 2025 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e tramitadas como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE209G).

Podes ver a orde completa aquí.

Axudas á primeira adquisición dun buque pesqueiro

A Consellería do Mar abriu a convocatoria de axudas para o ano 2025, destinadas a tripulantes de buques pesqueiros. Estas subvencións buscan fomentar actividades pesqueiras que sexan sostibles nos ámbitos económico, social e medioambiental.

Poderán acceder a estas axudas as persoas que cumpran os requisitos establecidos na orde de convocatoria, cun procedemento en réxime de concorrencia competitiva.

As solicitudes deben presentarse antes do 20 de xaneiro de 2025, ás 23:59 horas, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Para consultar os detalles, requisitos e documentación necesaria, pode acceder á información completa aquí.

Axudas

Está aberta a convocatoria de axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros, no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), executados no ano 2023 (código de procedemento PE155C).

Podes ver a orde aquí.

Axudas

Están convocadas as seguintes axudas da Consellería do Mar:

Axudas autonómicas para a paralización temporal das persoas mariscadoras a pé. Información aquí.

Axudas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan á mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños. Información aquí.

Axudas para accións formativas que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro. Información aquí.

Axudas

Está aberta a convocatoria da Consellería do Mar para o ano 2024, para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de axudas destinadas á realización de investimentos para pemes do sector transformador dos produtos da pesca e acuicultura que contribúan a fomentar unha pesca e acuicultura que contribúan á seguridade alimentaria na Unión, fomentando unha pesca e acuicultura sostibles dende unha perspectiva medioambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva.

O prazo remata o día 18 de xullo ás 23:59.

Máis información aquí.

Axudas

Están abertas as seguintes convocatorias de axudas e subvencións de interese para o sector pesqueiro e marisqueiro:

Subvencións da Deputación de Pontevedra ás confrarías de pescadores/as, federacións de confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia de Pontevedra para investimentos. Información aquí.

Axudas da Consellería do Mar a persoas armadoras e tripulantes, por paralización temporal da actividade marisqueira. Información aquí.