Aperturas de campaña

O 3 de novembro comezou a campaña do bou de vara na Ría de Arousa, e do bou de man ou rapeta nas Rías de Arousa, Pontevedra e Vigo. Por tanto, volve a volandeira (Aequipecten opercularis) aos mercados. O período de capturas remata o 31 de marzo.

A campaña da centola (Maja brachydactyla) comeza o 10 de novembro nas zonas A e B, desde a desembocadura do Miño ata Estaca de Bares. O 1 de decembro abrirá a zona C, de Estaca de Bares ao Río Eo.

A campaña do boi (Cancer pagurus) comezou o 3 de novembro na zona C (de Estaca de Bares ao río Eo) e nas zonas A e B o 10 de novembro (da desembocadura do Miño a Estaca de Bares).

A receita do mes

A receita deste mes ten un marcado carácter festivo: Javier Rodríguez Ponte «Taky», de Boketé Catering, proponnos un prato ideal para gozar da celebración do Nadal: Crema de tomate ao aceite de oliva con salpicón cremoso de centola.

O prato só ten vantaxes: un ingrediente estrela, unha elaboración sinxela e apta para amateurs, un toque de orixinalidade e sofisticación, é lixeiro e fresco, e ademais pode prepararse con anticipación!

Podes ver a receita aquí.

Que o disfrutes!