Entidades certificadas

Durante el mes de noviembre renovaron su certificación pescadeRías de onde se non? las siguientes entidades:

Cofradía de Corcubión: primera venta de bivalvos, cefalópodos, equinodermos, crustáceos, pescados, algas y antozoos.

Mar da Morosa S. L.: depuradora y distribuidor de bivalvos, cefalópodos, crustáceos y pescados.

Porto de Cambados S.L.: Distribuidor de bivalvos, cefalópodos, crustáceos, equinodermos y pescados.

Además, tuvieron lugar las auditorías de seguimiento de las entidades certificadas Mariscos Malliño S.L. (depuradora de bivalvos) y Lonxa de Campelo A.I.E. (primera venta de bivalvos, cefalópodos, crustáceos y pescados).

Entidades certificadas

Durante o mes de novembro renovaron a súa certificación pescadeRías de onde se non? as seguintes entidades:

Confraría de Corcubión: primeira venda de bivalvos, cefalópodos, equinodermos, crustáceos, peixes, algas e antozoos.

Mar da Morosa S. L.: depuradora e distribuidor de bivalvos, cefalópodos, crustáceos e peixes.

Porto de Cambados S.L.: Distribuidor de bivalvos, cefalópodos, crustáceos, equinodermos e peixes.

Ademais, tiveron lugar as auditorías de seguimento das entidades certificadas Mariscos Malliño S.L. (depuradora de bivalvos) e Lonxa de Campelo A.I.E. (primeira venda de bivalvos, cefalópodos, crustáceos e peixes).

Formación a entidades usuarias

A formación en trazabilidade e seguridade alimentaria do persoal das entidades usuarias da marca é imprescindible para levar a cabo unha correcta xestión dos produtos certificados no día a día. O equipo técnico da marca encárgase de asesorar e impartir formación ás persoas implicadas no proceso de comercialización das entidades certificadas.

No mes de xuño impartiuse asesoramento e formación en hixiene e manipulación de alimentos e Análise de Perigos e Puntos de Control Crítico APPC a membros da plantilla das seguintes entidades certificadas pola marca: Lonxa de Ferrol, Lonxa de Baiona, Lonxa de Mugardos e Mariscos Calimar.

Actualizamos a app pescadeRías, ¿de onde se non?

Coñece a nosa APP pescadeRías, ¿de onde se non? para móbiles.  Esta aplicación oficial da Consellería do Mar é gratuíta e serache de grande utilidade para atopar información sobre a marca e os produtos da pesca artesanal certificados, consultar onde podes adquirilos, coñecer as entidades certificadas e os restaurantes, peixerías e tendas online adheridas, visualizar as receitas e estar ao día das novas relacionadas coa marca.

Ademais, incorpora un sistema de xeorreferenciación que permite localizar nun mapa os diferentes axentes usuarios e adheridos da marca. A aplicación está dispoñible en galego e en castelán para dispositivos móbiles co sistema Android e IOS.

Anímate a descargala e aposta pola nosa pesca artesanal!