Próximos eventos

A marca pescadeRías de onde se non? estará presente en diferentes eventos durante o mes de novembro. Do 2 ao 5 de novembro, no XXIV Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar 2023 de Ourense, en dúas demostracións de cociña a cargo de Moisés Rodríguez do Taller del bienestar.

Do mesmo xeito, as persoas asistentes ao Gastronómic Forum Barcelona que se celebra do 6 ao 8 de novembro, poderán coñecer a excelencia dos produtos procedentes da pesca artesanal na experiencia de calidade: «pescadeRías, o tesouro Atlántico», capitaneada por José Manuel Mallón do Espazo Gastronómico Remollo. No evento estarán presentes as empresas certificadas Frigoríficos Rosa de los Vientos S.L., O Percebeiro S.L., Artesa Rías Baixas S.L. e HQ Seaweed S.L.

Por último, a Consellería do Mar estará presente co stand institucional da Xunta de Galicia, na Feira Gastronómica do Mediterráneo Gastrónoma, que se celebrará en Valencia do 12 ao 14 de novembro. Asistirán 10 empresas coexpositoras, entre as que se atopan as entidades certificadas Costas y Miñán S.L.O Percebeiro S.L., Fish Factory S.L., Conservas Artesanas Curricán S.L., e HQ Seaweed S.L. Os produtos certificados pola marca pescadeRías de onde se non? serán protagonistas nas degustacións guiadas que se levarán a cabo na aula de catas da Consellería do Mar durante o evento.

Feira CONXEMAR 2023

Do 3 ao 5 de outubro celebrarase a 24ª edición da Feira Internacional de Produtos do mar Conxelados CONXEMAR no Instituto Feiral de Vigo.

A Feira CONXEMAR, consolidada como referente do sector do conxelado a nivel mundial e cunha superficie expositiva actual de 37.000 m2, é un gran punto de encontro para o sector transformador, maioristas, importadores, exportadores, fabricantes, distribuidores, frigoríficos, maquinaria e industria auxiliar. A feira renóvase baixo o concepto Blue Transformation, poñendo o foco na innovación e sustentabilidade.

A Consellería do Mar estará presente co stand institucional da Xunta de Galicia e cun espazo para 14 empresas coexpositoras, entre as que se atopan  as seguintes entidades certificadas pola marca pescadeRías, ¿de onde se non?: O Percebeiro S.L., Costas y Miñán S.L. e a Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín. Ademais, participan con stand propio as empresas certificadas Frigoríficos de Camariñas S.L., Mariscos Daporta S.L., Frigoríficos Rosa de los Vientos S.L., Conservas Portomar, Porto-Muiños e Frigorífica Botana S.L.

Summer Fancy Food Show

A Consellería do Mar estivo presente na feira Summer Fancy Food Show 2023 (SFFS) que se celebrou en Nova York do 25 a 27 de xuño.

As empresas certificadas pola marca pescadeRías, ¿de onde se non?  Real Conservera Española S.L., Fish Factory S.L. (La Curiosa), O Percebeiro S.L. e Conservas La Brújula S.L. expuxeron os seus produtos no stand habilitado pola Consellería do Mar.

A Summer Fancy Food Show é a feira do sector de produtos gourmets máis grande de América do Norte e constitúe unha excelente plataforma para os profesionais da industria alimentaria.