A marca pescadeRías de onde se non? estará presente en diferentes eventos durante o mes de novembro. Do 2 ao 5 de novembro, no XXIV Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar 2023 de Ourense, en dúas demostracións de cociña a cargo de Moisés Rodríguez do Taller del bienestar.
Do mesmo xeito, as persoas asistentes ao Gastronómic Forum Barcelona que se celebra do 6 ao 8 de novembro, poderán coñecer a excelencia dos produtos procedentes da pesca artesanal na experiencia de calidade: «pescadeRías, o tesouro Atlántico», capitaneada por José Manuel Mallón do Espazo Gastronómico Remollo. No evento estarán presentes as empresas certificadas Frigoríficos Rosa de los Vientos S.L., O Percebeiro S.L., Artesa Rías Baixas S.L. e HQ Seaweed S.L.
Por último, a Consellería do Mar estará presente co stand institucional da Xunta de Galicia, na Feira Gastronómica do Mediterráneo Gastrónoma, que se celebrará en Valencia do 12 ao 14 de novembro. Asistirán 10 empresas coexpositoras, entre as que se atopan as entidades certificadas Costas y Miñán S.L., O Percebeiro S.L., Fish Factory S.L., Conservas Artesanas Curricán S.L., e HQ Seaweed S.L. Os produtos certificados pola marca pescadeRías de onde se non? serán protagonistas nas degustacións guiadas que se levarán a cabo na aula de catas da Consellería do Mar durante o evento.