Formación

No mes de outubro tivemos sesión formativa na Confraría de Pescadores de Lira. Impartiuse un curso de manipulación de alimentos á que asistiu o persoal de lonxa, o equipo encargado da conxelación do polbo e a asistencia técnica da confraría.

A formación en trazabilidade e seguridade alimentaria do persoal das entidades usuarias da marca é imprescindible para levar a cabo unha correcta xestión dos produtos certificados no día a día. O equipo técnico da marca encárgase de asesorar e impartir formación ás persoas implicadas no proceso de comercialización das entidades certificadas.

Consúltanos.