O alumnado de cociña e sala do obradoiro de Hostalaría do Salnés XVI do Concello de Sanxenxo participou nunha xornada formativa centrada nos produtos da pesca artesanal, o pasado 18 de febreiro.
Visitamos a Praza de Abastos de Portonovo. Durante a visita, o alumnado tivo a oportunidade de identificar distintas especies de interese comercial, analizar as etiquetas dos produtos do mar para comprender mellor a súa información e descubrir a oferta específica da praza de abastos de Portonovo. Esta actividade permitiu aos futuros profesionais do sector da hostalaría coñecer de preto a variedade e calidade dos peixes e mariscos que se comercializan neste mercado, así como afondar nos criterios de sustentabilidade e trazabilidade que rexen a súa comercialización.
A continuación, tivo lugar unha sesión formativa sobre a marca pescadeRías de onde se non?, onde nos achegamos ás tallas mínimas de peixes e mariscos e á identificación de moluscos bivalvos, aspectos fundamentais para garantir a explotación e consumo responsable dos recursos mariños.
Foi unha experiencia enriquecedora que permitiu conectar a teoría coa práctica e valorar o traballo das persoas que forman parte da cadea mar-industria.
Podes ver un vídeo resumo da xornada aquí.