Vuelve a la carretera la campaña Galicia sabe Amar

La campaña GALICIA SABE AMAR regresa después de un breve descanso y vuelve a la carretera con cuatro foodtrucks para llevar de nuevo el mejor sabor de nuestras rías por todo el territorio gallego con el objetivo de animar el consumo de los productos del mar gallegos.

La primera parada en el camino fue el jueves 1 de agosto en la plaza del Mar de Sanxenxo donde los visitantes pudieron degustar pinchos únicos ideados especialmente para esta iniciativa y realizados con productos autóctonos, entre ellos los productos certificados de la marca pescadeRías de onde se non?

Puedes seguir la actualidad de la campaña en redes sociales.

Volve á estrada a campaña Galicia sabe Amar

A campaña GALICIA SABE AMAR regresa despois dun breve descanso e volve á estrada con catro foodtrucks para levar de novo o mellor sabor das nosas rías por todo o territorio galego co obxectivo de animar o consumo dos produtos do mar galegos.

A primeira parada no camiño foi o xoves 1 de agosto na praza do Mar de Sanxenxo onde os visitantes puideron degustar petiscos únicos ideados especialmente para esta iniciativa e realizados con produtos autóctonos, entre eles os produtos certificados da marca pescadeRías de onde se non?

Podes seguir a actualidade da campaña en redes sociais.

Equiocio 2024

A marca pescadeRías de onde se non? participou no certame hípico e de lecer familiar Equiocio Ferrol, que se celebrou do 1 ao 4 de agosto.

A programación do evento incluíu catro demostracións de cociña en directo con cata das elaboracións, que tiveron como protagonistas os produtos certificados do mar de Galicia, tanto peixes como algas e mariscos. Os cociñeiros Marcos Cabanas, do Restaurante El Olivo de Narón, e Borja García, do Restaurante Indómito de Santiago de Compostela, foron os encargados de cociñar en directo e explicar os pasos das elaboracións ao público asistente.

Resultados do sorteo de verán

Xa temos o resultado do noso sorteo de verán. As persoas agraciadas foron:

En Facebook, Marisol Salgueiro e Mari Carmen Blandón Gómez. En Instagram, os perfís @vicra44 e @javier_del_pozo. Podes ver o vídeo oficial de resultados de Facebook aquí e de Instagram aquí.

Recibirán cadanseu lote de produtos da campaña Galicia sabe Amar e da marca pescadeRías de onde se non? compostos de bolsa-mochila, mandil, botella, prato, abanico, libro de receitas, libreta, bolígrafo, abrebotellas, chaveiro, bolsa de algodón, identificador de maletas, bloc de notas e pegatinas. Parabéns!

Os produtos certificados estiveron de festa

As festas gastronómicas de produtos do mar están en pleno apoxeo. Durante o mes de xullo tiveron lugar eventos gastronómicos de exaltación de peixes e mariscos certificados en distintas localidades mariñeiras, entre elas a Festa da Vieira de Cambados, o evento gastronómico Azul de Portosín, a Festa da Xouba de Rianxo, a Festa do Percebe de Aguiño e a Degustación Popular de Lira.

No seguinte vídeo podes ver algunhas das imaxes que nos deixaron estas celebracións. Preme aquí.

Visita formativa

O alumnado do Obradoiro de Hostalaría Cualifica II do Concello do Porriño participou nunha visita formativa á praza de abastos de Pontevedra e á empresa certificada O Percebeiro.

Vimos nos puntos de venda os distintos produtos da pesca artesanal galega, o contido das etiquetas de peixes e mariscos e identificamos as características de frescura dos produtos do mar. Tamén houbo ocasión de diferenciar moluscos similares, como o longueirón e a navalla, e ver as instalacións de depuración, cetárea e expedición de O Percebeiro S.L.

Podes ver aquí un vídeo da visita.

Festa do Marisco e Centenario da Confraría de Barallobre

Os días 17 e 18 de agosto terá lugar a Festa do Marisco de Barallobre, coincidindo cos actos de celebración do centenario da confraría.

O programa de eventos inclúe actuacións musicais, xantares populares e dous showcookings con produto certificado: o sábado 17, Marcos Cabanas do Restaurante El Olivo de Narón, cociñará vieira e carneiro en directo; e o domingo 18, Nair González, do Restaurante Muelle 43, navalla e ameixa.

Podes ver o programa de actividades aquí.

Certificacións

Durante o mes de xullo leváronse a cabo as auditorías de seguimento das seguintes confrarías de pescadores:

Muros (bivalvos, cefalópodos, crustáceos, peixes, equinodermos).

Mugardos (bivalvos e gasterópodos).

Portonovo (bivalvos, cefalópodos, equinodermos, peixes, crustáceos).

Baiona (bivalvos, cefalópodos, crustáceos, equinodermos, peixes, algas, antozoos, gasterópodos).

Moaña (bivalvos).

Formación

O pasado mes de xullo, o equipo técnico da marca impartiu un curso de Hixiene e Manipulación de Alimentos na Confraría de Pescadores de Muros. Asistiron a Xunta Directiva da Agrupación de Marisqueo a Pé, persoal administrativo e persoal da lonxa.

A formación de todo o persoal implicado na cadea mar-industria é fundamental para que a trazabilidade dos produtos do mar sexa efectiva. O equipo de xestión da marca imparte formación aos distintos axentes certificados para que poidan aplicar estes coñecementos no seu día a día. Consúltanos.

Cursos Mariñeiro/a pescador/a

A Consellería do Mar publicou a convocatoria de cursos de mariñeiro/a pescador/a na modalidade de teleformación nos centros de formación náutico-pesqueira.

Podes ver a convocatoria completa nas seguintes ligazóns:

Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol.

Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira.

Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.