Receta del mes: Merluza con ajada en texturas

Este mes presentamos una elaboración de merluza con ajada en texturas. Se trata de una creación del cocinero Marcos S. Area, propietario de É Restaurante, en Marín, establecimiento adherido a la marca pescadeRías de onde se non?

Esta receta es una fantástica y deliciosa interpretación de la receta tradicional de caldeirada de merluza.

¡Anímate a prepararla!

Puedes ver la receta completa aquí.

Estrellas Solidarias en el Camino de Santiago

El restaurante Casa Barqueiro organizó la undécima edición del evento gastronómico solidario «Estrellas en el Camino de Santiago», este año a beneficio de la Asociación Salud Mental A Creba y de la Fundación de Personas con Discapacidad Intelectual Barcala. El evento, que tuvo lugar el 2 de junio, contó con la participación de prestigiosos chefs que suman más de 60 Estrellas Michelín, para dar visibilidad a la salud mental y apoyo a las personas con discapacidad intelectual.

La agenda del evento comenzó por la mañana con una experiencia inmersiva en la ría de Muros-Noia. Los chefs visitaron las instalaciones del criadero de moluscos del Freixo y realizaron una siembra de más de 65.000 ejemplares de almeja en la playa de Testal. Estas actividades fueron guiadas por los responsables de la Cofradía de Pescadores San Bartolomé de Noia, entidad certificada por la marca pescadeRías de onde se non? Para finalizar, pudieron disfrutar de una degustación de productos con el sello Galicia Calidade.

La actividad central tuvo lugar por la tarde en la Finca Casa Barqueiro situada en el Lugar de Gonte, A Coruña, con la celebración de la feria gastronómica y de la cena tipo cóctel. Los productos certificados por la marca pescadeRías de onde se non? fueron protagonistas de los menús gastronómicos. Los profesionales de la cocina y demás personas asistentes tuvieron la oportunidad de conocer en directo las bondades de los productos procedentes de la pesca artesanal gallega.

Estrelas Solidarias no Camiño de Santiago

O restaurante Casa Barqueiro organizou a undécima edición do evento gastronómico solidario «Estrelas no Camiño de Santiago», este ano a beneficio da Asociación Saúde Mental A Creba e da Fundación de Persoas con Discapacidade Intelectual Barcala. O evento, que tivo lugar o 2 de xuño, contou coa participación de prestixiosos chefs que suman máis de 60 Estrelas Michelín, para dar visibilidade á saúde mental e apoio ás persoas con discapacidade intelectual.

A axenda do evento comezou pola mañá cunha experiencia inmersiva na ría de Muros-Noia. Os chefs visitaron ás instalacións do criadeiro de moluscos do Freixo e realizaron unha sementeira de máis de 65.000 exemplares de ameixa na praia de Testal. Estas actividades foron conducidas polos responsables da Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia, entidade certificada pola marca pescadeRías de onde se non? Para rematar, puideron desfrutar dunha degustación de produtos co selo Galicia Calidade.

A actividade central tivo lugar pola tarde na Finca Casa Barqueiro situada no Lugar de Gonte, A Coruña, coa celebración da feira gastronómica e da cea tipo cóctel. Os produtos certificados pola marca pescadeRías de onde se non? foron protagonistas dos menús gastronómicos. Os profesionais da cociña e demais persoas asistentes tiveron  a oportunidade de coñecer en directo as bondades dos produtos procedentes da pesca artesanal galega.

Galicia sabe a orixe

O 28 de maio celebrouse en Madrid a primeira xornada do ciclo “Galicia sabe a orixe”, impulsado polas consellerías do Medio Rural e do Mar, co apoio de MOM Culinary Institute e o restaurante Bancal.

A iniciativa ten como finalidade a posta en valor dos produtos galegos, mediante a participación de cociñeiros galegos de recoñecido prestixio. A xornada contou co chef executivo do restaurante Bancal, Miguel Vidal, e promoveu a calidade dos alimentos do mar nun formato divulgativo e experimental.

Entre os produtos destacados atopábanse peixes e mariscos certificados pola marca pescadeRías de onde se non?, presentes como embaixadores da orixe, da frescura e do compromiso coa pesca artesanal galega.

SALIMAT

Do 5 ao 8 de xuño, a marca pescadeRías de onde senon? participou no 28º Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat Abanca), en Silleda. A Consellería do Mar contou cun stand institucional con sala de catas, onde se promocionaron os produtos do mar galegos.

O xoves 5 e o sábado 7 de xuño celebraronse demostracións de peixe e marisco certificado. Seis empresas participaron como expositoras, entre elas Insuapesca S.L., certificada pola marca pescadeRías de onde se non?

Este evento representa unha oportunidade para reforzar a visibilidade da pesca artesanal, difundir a súa calidade e fomentar o seu consumo a través de experiencias culinarias directas co público.

Mercado Mar de Mares

O sábado 7 de xuño tivo lugar o showcooking «pescadeRías. Tesouros da nosa pesca artesanal» no Mercado Mar de Mares, no Mercado de Abastos de San Agustín da Coruña.

O cociñeiro Moncho Méndez, do restaurante Millo Orzán, , presentou a proposta «Sardiñas ao estilo escandinavo», peixe axul que está no seu momento óptimo de consumo xa que, como di o refrán: por San Xoán a sardiña molla o pan.

Participa no mercado como expositor a empresa certificada Porto-Muiños S.L. O mercado Mar de Mares está enmarcado no Festival Mar de Mares, que se celebra do 6 ao 15 de xuño.

Feiras Internacionais

No mes de xuño a Consellería do Mar asistirá a dúas feiras internacionais para ampliar a proxección internacional dos produtos do mar galegos.

Á Seoul Food & Hotel 2025 de Corea, do 10 ao 13 de xuño, asistirá en colaboración coa Federación Española de Industrias de Alimentación y Bebidas-FIAB. Participarán catro empresas coexpositoras, incluída a empresa certificada Conservas La Brújula S.L.

Na Summer Fancy Food Show de Nova York, do 29 de xuño ao 1 de xullo, a consellería acudirá da man do ICEX , con 8 empresas, entre as que se atopan as entidades certificadas: Costas y Miñán S.L., Conservas La Brújula S.L., Fish Factory S.L. e Conservas Portomar, SLU.

Congreso AECOC en Baiona

A Asociación AECOC celebra en Baiona a 25ª edición do Congreso de Produtos do Mar os días 17 e 18 de xuño. O encontro reúne profesionais da cadea mar-industria para abordar retos actuais como a caída do consumo, os novos hábitos alimentarios, a dispoñibilidade de produto, a regulación crecente ou a sustentabilidade no marco da economía azul.

A marca pescadeRías de onde se non? participará neste espazo para reflexionar, compartir experiencias e explorar vías de colaboración para poñer en valor os produtos do mar galegos. O congreso incluirá mesas de debate e zonas de networking para fomentar o intercambio de ideas entre empresas, administración e distribución.

Pilar Otero únese á Tripulación pescadeRías

Este mes incorpórase á Tripulación pescadeRías Pilar Otero, responsable de administración de Frigoríficos Rosa de los Vientos S.L. e presidenta da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (ANMUPESCA).

Frigoríficos Rosa de los Vientos é unha empresa familiar creada no ano 1991 en Bueu para o procesado e ultraconxelado de polbo. Pilar cóntanos a súa historia e a súa evolución como empresa dedicada á produción e comercialización de produtos do mar tanto frescos como conxelados. Unha entrega chea de tradición, cultura e innovación!

Podes ver o vídeo aquí.

Festa do Marisco de Barallobre

O sábado 7 de xuño celebrouse unha nova edición da Festa do Marisco organizada pola Confraría de Pescadores Santiago Apostol de Barallobre, entidade certificada pola marca pescadeRías de onde se non?, en colaboración co Concello de Narón. Nesta ocasión, levouse a cabo no paseo marítimo de Xuvia, en Narón, de 12:00 a 00:00 horas.

Puideronse degustar produtos certificados da lonxa de Barallobre e asistir a dúas demostracións de cociña gratuítas.

A confraría instalou un stand expositor con produtos do mar e unha pantalla na que se proxectou un audiovisual para coñecer o proceso desde que se captura o marisco ata que chega ao prato.