Las mareas equinocciales de septiembre

El pasado mes de septiembre se produjeron unas mareas vivas excepcionales. Coincidiendo con el cambio de estación, la posición en línea del sistema Sol-Tierra-Luna provocó grandes amplitudes de marea.

Entre el 17 y el 21 de septiembre hubo bajamares excepcionales, en las que se descubrieron zonas que normalmente no están accesibles para el marisqueo a pie, y también pleamares en las que el nivel de agua puso la línea de flotación de los barcos a nivel del muelle en algunas poblaciones costeras.

¿Por qué se producen las mareas? ¿Por qué las bajamares y las pleamares no son todas iguales? ¿Por qué tienen una periodicidad concreta?

Te lo contamos aquí.

La receta del mes

Este mes la receta de nuestra sección es una elaboración mar y montaña apta para personas vegetarianas. Sí, vegetariana y con productos del mar, porque uno de los ingredientes protagonistas, que le imprime el carácter marino, es el alga wakame (Undaria pinnatifida).

Esta elaboración fue una de las favoritas del público asistente al Taller de cocina con Algas y Mariscos organizado por la OPP20 Illa de Arousa. El taller fue impartido por Mariví Otero, cocinera del Chiringuito Coco Bao de A Illa de Arousa, quien nos proporcionó esta receta de pani puris rellenos de bechamel de alga wakame y setas portobello.

Puedes ver la receta completa aquí.

pescadeRías de onde se non? participará en la campaña Galicia sabe Amar en las plazas de abastos

A partir de 16 de octubre vuelven las acciones promocionales de la marca pescadeRías de onde se non? a las plazas de abastos, en el marco de la campaña Galicia sabe Amar.

Los objetivos de las actividades son los siguientes:

  • Dar a conocer los productos de la pesca artesanal entre las personas consumidoras.
  • Fomentar el consumo de los productos de la pesca artesanal.
  • Poner en valor los beneficios de los productos del mar en la salud.
  • Dar a conocer especies menos conocidas, con el fin de diversificar el consumo de productos del mar.
  • Mostrar el proceso de comercialización de los productos del mar.
  • Visibilizar la importancia de la trazabilidad en los productos del mar.
  • Conocer diferentes preparaciones de los productos del mar de temporada.
  • Poner en valor los oficios del mar.

Las actividades incluyen:

  • Visita guiada a la plaza de abastos.
  • Información sobre etiquetado, trazabilidad y seguridad alimentaria.
  • Taller práctico de identificación de especies o tallas mínimas.
  • Demostración de cocina con información sobre aspectos nutricionales, corte y fileteado, puntos de cocción y consejos de elaboración.
  • Cata de productos.

Se contará con la experiencia y visión de los profesionales del comercio minorista, que informarán sobre las especies que comercializan y la limpieza, manipulación y presentación de los productos.

Empezamos el 16 de octubre en la Plaza de Abastos de A Estrada. Consulta aquí el programa de actividades e inscríbete!

pescaderiasdeondesenon.cmrm@xunta.gal

Tel. 986 02 08 99

Sigue nuestras redes sociales para conocer las próximas fechas y lugares de las actividades.

CONXEMAR 2024

Do 1 ao 3 de outubro estivemos en CONXEMAR. A Consellería do Mar contou cun stand institucional e unha zona reservada a empresas coexpositoras do sector mar-industria, entre elas cinco usuarias certificadas pola marca pescadeRías de onde se non? Artesa Rías Baixas S.L, HQ Seaweed S.L., Mariscos de Barallobre, Conservas La Brújula S.L. e O Percebeiro S.L.

Outras empresas certificadas acudiron a CONXEMAR con stand propio: Conservas Portomar S.L.U., Mariscos Aurelio Silva Ábalo S.L., Frigoríficos de Camariñas S.L., Frigoríficos Rosa de los Vientos S.L., Mariscos Daporta S.L. e Porto Muíños S.L.

Podes ver aquí un vídeo resume desta edición.

Estivemos no FICBUEU

En setembro celebrouse o Festival Internacional de Cinema FICBUEU, no que tivemos ocasión de dar a coñecer os produtos da pesca artesanal galega aos profesionais do sector audiovisual convidados ao certame. Organizouse unha actividade na praza de abastos de Bueu, que combinou cociña en directo con información sobre a trazabilidade dos produtos do mar e a marca pescadeRías de onde se non?

As elaboracións correron a cargo do equipo de cociña de O Souto Bar Restaurante de Pontevedra, adherido á marca.

Imaxe por cortesía de Estudio Prolight.

XII Xuntanza de Bloggers Gastronómicos

A XII Xuntanza de Bloggers Gastronómicos de Galicia que se celebrou o pasado 14 de setembro na Comarca do Salnés deixou moi bo sabor de boca: paisaxes espectaculares, edificios históricos cargados de encanto, gastronomía con alma, experiencias compartidas… e o protagonismo do produto local, da terra e por suposto, do mar, galego e, con certificación de orixe e frescura.

Un dos puntos centrais foi o menú elaborado por Sefita de Monteagudo e Ángel Parada nas Bodegas Gran Bazán de Vilanova de Arousa. Con polbo, robaliza e berberechos frescos, e conservas tradicionais da marca Paco Lafuente de Conservera Gallega S. A., procedentes da pesca artesanal galega e certificados pola marca pescadeRías de onde se non?

San Sebastián Gastronómika 2024

A Consellería do Mar acudirá a San Sebastián Gastronómika, que se celebrará do 7 ao 9 de outubro. Ademais da sala de cata e actividades de promoción, o stand institucional contará cun espazo de exhibición para seis empresas coexpositoras, das que cinco son entidades certificadas pola marca pescadeRías de onde se non?: Conservas La Brújula S.L., Fish Factory S.L., HQ Seaweed S.L., Mariscos de Barallobre e O Percebeiro S.L.

Como novidade, este ano organizaránse actividades para os congresistas en sociedades gastronómicas, e taberneiros de fóra do País Vasco levarán os seus produtos e cociña a barras de taberna e bares donostiarras.

Entidade do mes: Confraría de Fisterra

A Confraría de Pescadores de Fisterra é unha das máis antigas de España, con 101 anos desde a súa fundación e 106 persoas socias na actualidade. A súa flota está composta por embarcacións de baixura que se dedican á pesca con artes menores e palangre de fondo. Perto de 50 persoas socias dedícanse á extracción de recursos específicos a mergullo.

Os grupos biolóxicos principais capturados pola súa flota de baixura son peixes (65% en volume total e 54% do valor de facturación no ano 2023) e cefalópodos (15% en volumen e 19% en valor económico). Contan coa certificación pescadeRías de onde se non? para peixes, bivalvos, crustáceos, cefalópodos, equinodermos e algas.

Formación a axentes certificados

Seguimos formando en materia de Análise de Perigos e Puntos de Control Críticos -APPCC ao persoal das entidades certificadas. En setembro tivemos sesión formativa con Enrique Freire, asistencia técnica da Confraría de Pescadores de Barallobre.

A formación de todo o persoal implicado na cadea mar-industria é fundamental para que a trazabilidade dos produtos do mar sexa efectiva. O equipo de xestión da marca imparte formación ao persoal dos axentes certificados para que poidan manter a trazabilidade dos produtos do mar que comercializan e cumprir cos requirimentos de xestión da marca pescadeRías de onde se non?

Consúltanos!

Entidades certificadas

No mes de setembro a empresa de transformación Real Conservera Española S.L. recertificouse para peixes, bivalvos e equinodermos. Ademais, leváronse a cabo as auditorías de seguimento de ABSA Burela S. A., co alcance de cefalópodos,  e da Confraría de Pescadores de Pontedeume para bivalvos.

As auditorías de seguimento teñen lugar durante o período de vixencia do certificado, co fin de comprobar o correcto funcionamento do sistema de trazabilidade e xestión da marca por parte da entidade. As auditorías de recertificación lévanse a cabo para renovar a vixencia do certificado, que caduca aos cinco anos.