Reapertura de A Túa Lonxa

La pescadería A Túa Lonxa, de la Cofradía de Ferrol, ha vuelto a abrir después de una reforma integral que incluye una nueva imagen de marca y fachada acristalada. Ofrece, de martes a sábado, pescado y marisco fresco capturado de forma artesanal y certificado por pescadeRías de onde se non?

Además, se ha modernizado y ampliado la depuradora para atender a la creciente demanda de moluscos bivalvos.

La cofradía tiene el proyecto de habilitar a medio plazo una terraza al aire libre, de aproximadamente 300 metros cuadrados, con vistas al mar, donde los visitantes podrán disfrutar de pescados y mariscos de la lonja de Ferrol.

Explotación de los recursos marisqueros de las rías ante el cambio climático

En el artículo de este mes, los investigadores Xosé Antón Álvarez-Salgado, Isabel Fuentes Santos y Silvia Piedracoba Varela analizan la evolución temporal de las variables que influyen en la explotación de los recursos marinos de las rías gallegas: el régimen de vientos predominantes, la temperatura superficial del agua costera, la salinidad, la variación del nivel medio del mar y la acidificación oceánica.

A través del estudio de modelos de proyección climática, el artículo explora posibles escenarios para responder a la pregunta: ¿Qué nos depara el futuro?

Puedes leer el artículo completo aquí.

La receta del mes

La receta de este mes tiene un marcado carácter festivo: Javier Rodríguez Ponte «Taky», de Boketé Catering, nos propone un plato ideal para disfrutar de la celebración navideña: Crema de tomate al aceite de oliva con salpicón cremoso de centolla.

El plato solo tiene ventajas: un ingrediente estrella, una elaboración sencilla y apta para amateurs, un toque de originalidad y sofisticación, es ligero y fresco, y además puede prepararse con anticipación!

Puedes ver la receta aquí.

Que la disfrutes!

Sorteo de Nadal pescadeRías de onde se non?

Este mes poremos en marcha unha iniciativa que xa se converteu nunha tradición durante estas datas festivas: o Sorteo de Nadal da marca pescadeRías de onde se non? en Facebook e Instagram.

Nesta edición, sortearemos dous packs exclusivos que inclúen unha selección de conservas artesanais de peixes e mariscos galegos certificados por pescadeRías de onde se non?, xunto cun lote de merchandising especial da campaña Galicia sabe Amar e da marca: unha bolsa-mochila, mandil, libro de receitas, abrebotellas, libreta, bolígrafo e un par de calcetíns con motivos mariños. O período para participar no sorteo abrirá o 10 de decembro de 2024 ás 09:00 horas e rematará o 16 de decembro de 2024 ás 23:59 horas.

Este ano, o Sorteo de Nadal conta coa colaboración de destacadas empresas de transformación galegas, que achegan unha selección das súas conservas certificadas pescadeRías de onde se non?: Conservera Gallega S.A., Costas y Miñán S.L., Fish Factory S.L., Real Conservera Española S.L. e a Confraría de Pescadores de Cangas.

Non perdas esta oportunidade de disfrutar dos mellores sabores do mar galego. Participa e celebra connosco o Nadal!

Síguenos nas redes sociais para estar ao tanto de todos os detalles!

Actividades nas prazas de abastos

En novembro realizamos actividades de dinamización e promoción do consumo de produtos da pesca artesanal galega na praza de abastos de Marín e na praza provisional de Ourense. Máis de 45 persoas participaron nestas iniciativas, que incluíron visitas guiadas aos postos de peixes e mariscos, onde os profesionais explicaron o seu labor diario e ofreceron información sobre a orixe dos produtos á venda.

En cada localización, organizamos obradoiros relacionados cos produtos da pesca artesanal: en Marín, sobre tamaños mínimos, e en Ourense, outro enfocado na identificación de moluscos bivalvos. As actividades completáronse con sesións de cociña en directo e degustación. En Marín, Alberto Carou, do restaurante Curral do Marqués, liderou as elaboracións, mentres que en Ourense foi Begoña Vázquez, do restaurante Regueiro da Cova, quen preparou receitas co mellor do mar.

Somos 14.000 en Facebook

No mes de novembro, acadamos os 14.000 seguidores na páxina de Facebook da marca pescadeRías de onde se non?

As redes sociais da marca buscan ser un escaparate para dar a coñecer os produtos do mar procedentes da pesca artesanal galega e fomentar o seu consumo. Isto inclúe unha ampla variedade de temáticas: desde as técnicas de extracción e captura, as especies de peixes e mariscos locais, as prácticas responsables de pesca, ata a comercialización, etiquetado, trazabilidade, seguridade alimentaria e puntos de venda. Tamén promovemos a visibilidade das empresas e entidades que apostan pola pesca local e artesanal.

Desde pescadeRías de onde se non? queremos agradecer a colaboración de todas as persoas que nos acompañan cada día e contribúen a este obxectivo. Moitas grazas!

Formación a entidades usuarias

Seguimos avanzando no programa de formación en materia de seguridade, trazabilidade e hixiene alimentaria para entidades certificadas pola marca pescadeRías de onde se non? O obxectivo principal desta formación é garantir a máxima calidade, trazabilidade e seguridade alimentaria dos produtos que chegan aos consumidores/as.

En novembro organizamos unha sesión destinada ao persoal encargado da comercialización dos produtos do mar na Lonxa de Campelo. Contamos tamén coa participación das directivas das agrupacións de marisqueo das tres confrarías que xestionan a lonxa: Pontevedra, Raxó e Lourizán. Este enfoque colaborativo reforza a importancia de traballar conxuntamente para promover a excelencia no sector.

Se necesitas información, consúltanos!

Charla-coloquio sobre consumo responsable

O pasado 19 de novembro presentamos a marca pescadeRías de onde se non? á Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios no Sporting Club Casino da Coruña.

Contamos cun público interesado e participativo, co que falamos das características dos produtos da pesca artesanal galega, frescura, etiquetado de produtos do mar, trazabilidade e boas prácticas de consumo.

Ademais da presentación cun formato charla-coloquio, impartimos un obradoiro de identificación de moluscos, no que as participantes puxeron a proba os seus coñecementos e fixeron gala da súa experiencia como consumidoras de produtos do mar de proximidade.

Entidades certificadas

Durante o mes de novembro renovaron a súa certificación pescadeRías de onde se non? as seguintes entidades:

Confraría de Corcubión: primeira venda de bivalvos, cefalópodos, equinodermos, crustáceos, peixes, algas e antozoos.

Mar da Morosa S. L.: depuradora e distribuidor de bivalvos, cefalópodos, crustáceos e peixes.

Porto de Cambados S.L.: Distribuidor de bivalvos, cefalópodos, crustáceos, equinodermos e peixes.

Ademais, tiveron lugar as auditorías de seguimento das entidades certificadas Mariscos Malliño S.L. (depuradora de bivalvos) e Lonxa de Campelo A.I.E. (primeira venda de bivalvos, cefalópodos, crustáceos e peixes).

Campaña da vieira en Arousa

O día 2 comezou a campaña de extracción de vieira (Pecten maximus) na Ría de Arousa, na que participan as confrarías de Cambados e Rianxo. Cun tope de 35 quilos por tripulante e un máximo de 100 quilos por embarcación, o primeiro día de campaña saíron a faenar 18 barcos do plan de xestión da confraría de Cambados, e nove embarcacións do plan de xestión da confraría de Rianxo.

As vieiras capturadas pola flota cambadesa pasarán por un proceso de depuración e evisceración nas instalacións de Porto de Cambados S.L., mentres que as capturas da flota de Rianxo serán depuradas e procesadas por Artesa Rías Baixas S.L. Ambas entidades están certificadas pola marca pescadeRías de onde se non?, que garante a orixe e trazabilidade deste produto.