Especie do mes: zamburiña

zamburiña (Chlamys varia) é un pectínido de recoñecida calidade pola súa fina e delicada carne e o seu intenso sabor a mar.

As súas valvas, de cor violácea, son máis alongadas que as da volandeira e presentan unha soa orella. A súa carne é rosada, violácea ou crema, cunha gónada das mesmas tonalidades. Captúrase desde embarcación con rastro de vieira ou volandeira, maioritariamente na Ría de Ferrol. Se queres saber máis sobre este bivalvo preme aquí para ver unha ficha.

Novos restaurantes adheridos: Marlima I e Marlima II

Os restaurantes Marlima I e Marlima II adheríronse en maio ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?.

Nos seus locais, ambos na localidade de Sanxenxo, ofrecen á súa clientela unha ampla variedade de peixes e mariscos procedentes da pesca artesanal.

Entre as súas especialidades destaca o arroz con lumbrigante e os peixes do día, que se poden degustar dende as súas terrazas con vistas á Ría. Dispoñen de viveiros propios e tamén preparan comidas por encargo.

Nova peixería adherida: Carrefour A Coruña

Dende o pasado mes de maio a peixería do hipermercado Carrefour de A Coruña está adherida ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?.

Tras a adhesión este ano da peixería do hipermercado de Carrefour Ferrol e de Carrefour Market en Sanxenxo, son xa tres os establecementos que esta cadea ten adheridos á marca, nunha clara aposta pola pesca artesanal e os produtos de proximidade.

Busca o distintivo do selo!

Certificacións

En maio, a empresa Majeja Mariscos, S.L. (depuradora, cetárea, distribuidora e transformadora) certificouse no selo pescadeRías para os grupos biolóxicos bivalvos, crustáceos, cefalópodos e peixe. A Confraría de Pescadores de Cabo de Cruz (bivalvos) renovou a súa permanencia na marca superando a auditoría de recertificación. As Confrarías de Pescadores de A Pobra do Caramiñal (bivalvos, crustáceos, cefalópodos e peixe) e de Porto do Son (cefalópodos, bivalvos, peixe, crustáceos e equinodermos) e a Cetaria Salitre (crustáceos, cefalópodos, bivalvos e peixe) tiveron auditorías de seguimento no selo.

Convocatoria de PERMEX

Publicada a RESOLUCIÓN da Xefatura Territorial da Consellería do Mar na Coruña, pola que se convoca o proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación, modalidade de marisqueo a pé, para o exercicio da actividade extractiva na confraría de pescadores de Mugardos.

O número de PERMEX ofertados é de 3 e o prazo de solicitudes remata o vindeiro 10 de xuño.

Mortalidade do berberecho en Noia

No artigo deste mes, publicado orixinalmente na revista GCiencia e que podes descargar premendo aquí, explícannos as chaves do peche da campaña do berberecho en Noia. O artigo está baseado no informe elaborado pola bióloga da Confraría, Liliana Solís, en relación a este episodio. A baixa salinidade debida a un outono especialmente chuvioso unido aos desaugamentos da presa do Tambre, provocaron mortalidades superiores ao 80% nesta emblemática especie da ría de Noia.

A receita do mes

A cornicha (Spisula solida) é un bivalvo coas cunchas de forma oval-triangular, de cor branca e textura moi suave. Cada vez é máis frecuente atopala nos mercados procedente das nosas costas.

Na 36 edición do Salón Gourmets de Madrid, Fran Loira, chef de El Percebeiro, S.L., elaborou a receita que vos amosamos este mes durante unha das degustacións que tiveron lugar no stand da Consellería do Mar: Cornichas con salsa mariñeira, puré de charouvía e aliño de chile-suquet. Preme aquí para acceder a ela.

Galicia Market Place

El 21 de abril, en el marco de la 7ª edición de Galicia Market Place, tuvo lugar en la sede del Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo una jornada dedicada al mar bajo el título «Construir un futuro para el sector marítimo pesquero de Galicia, ¿cómo lo hacemos?». Chocos, vieiras y merluza certificados estuvieron presentes en el desayuno coloquio Puesta en valor de la despensa azul para una alimentación saludable, que tuvo como invitada a la conselleira do Mar, Rosa Quintana. Así mismo, las empresas certificadas Mariscos Comesaña, S.L., Insuapesca, S.L. y HQ Seaweed, S.L. participaron en el evento. Aquí puedes ver unas fotos.

Empresa del mes: Conservas La Brújula, S.L.

Conservas La Brújula, S.L. está certificada en la marca pescadeRías. ¿de onde se non? desde el año 2009 para los grupos biológicos bivalvos, cefalópodos, equinodermos y peces. Sus conservas se elaboran de manera artesanal, sin aditivos artificiales y con ingredientes naturales cocinados a fuego lento. Cuentan con las más avanzadas tecnologías al servicio de la calidad y solamente utilizan como materia prima mariscos y pescados procedentes de la pesca artesanal, en una comprometida apuesta por el producto de proximidad y capturado de manera sostenible.

Especie del mes: boquerón o anchoa

El boquerón o anchoa es un pescado azul de cuerpo fino y alargado, cabeza pequeña, ojos grandes, lomo de color azul y costados de color plata. Su tamaño habitual oscila entre los 12 y los 15 cm. Esta especie pelágica y gregaria se acerca en verano a la costa para el desove donde es capturada de manera artesanal con redes de enmalle o con el arte del cerco.

Además de fresco, lo encontramos en el mercado en conserva o semiconserva. Si quieres descubrir los importantes valores nutricionales y otras curiosidades sobre este pequeño pescado, pincha aquí para ver una ficha.