A pesca artesanal reforza a súa presenza nas grandes citas profesionais de outubro

Outubro chega cunha intensa axenda feiral para o sector do mar galego, con presenza en destacados encontros nacionais e internacionais. Entre eles sobresae Conxemar 2026, en Vigo, unha cita clave para a comercialización e promoción dos produtos do mar. O espazo institucional da Xunta de Galicia contará con 16 empresas e entidades, entre as que se atopan cinco entidades certificadas por pescadeRías de onde se non?: Mariscos Daporta S.L., El Percebeiro S.L., Porto-Muiños S.L., HQ Seaweed S.L. e a Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre.

A presenza dos produtos da pesca artesanal estenderase a outras citas profesionais. En San Sebastián Gastronomika estarán a Organización de Produtores Pesqueiros de Noia (OPP Noia) e Marítima de Hoteles y Restaurantes S.L.; mentres que no Fórum Gastronómico de Barcelona participarán El Percebeiro S.L., Costas y Miñán S.L., Marítima de Hoteles y Restaurantes S.L. e a Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre.

En Gastrónoma Valencia, estarán Costas y Miñán S.L. e a Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre. Pola súa banda, SIAL París contará coa participación de Porto-Muiños S.L., Costas y Miñán S.L., Conservas Portomar S.L.U. e Conservas La Brújula S.L. A proxección internacional do sector completarase coa participación na China Fisheries & Seafood Expo.

Estas citas constitúen un importante escaparate para os produtos da pesca artesanal galega: contribúen a poñer en valor a súa orixe, frescura e trazabilidade e introdúceos a novos mercados e profesionais do sector.

Asistencia a ferias

La marca pescadeRías de onde se non? participó en el Salón de la Alimentación SIAL París 2024, con los coexpositores certificados Conservas La Brújula S.L., Fish Factory S. L. y Porto-Muiños.

Del 24 a 27 de octubre estuvimos en el Salón Internacional de Turismo Gastronómico XANTAR, en Ourense. Acudió también la Cofradía de Pescadores de Ferrol, entidad certificada.

Del 4 a 6 de noviembre participamos en el Forum Gastronómico de Barcelona, en colaboración con Galicia Calidade y con la presencia de las empresas certificadas por la marca O Percebeiro S.L. y Artesa Rías Baixas S.L. También tuvo stand en el Forum la Cofradía de Pescadores de Barallobre.

Puedes ver un vídeo aquí.

Asistencia a feiras

A marca pescadeRías de onde se non? participou no Salón da Alimentación SIAL París 2024, cos coexpositores certificados Conservas La Brújula S.L., Fish Factory S. L. e Porto-Muiños.

Do 24 ao 27 de outubro estivemos no Salón Internacional de Turismo Gastronómico XANTAR, en Ourense. Acudiu tamén a Confraría de Pescadores de Ferrol, entidade certificada.

Do 4 ao 6 de novembro participamos no Forum Gastronómico de Barcelona, en colaboración con Galicia Calidade e coa presenza das empresas certificadas pola marca O Percebeiro S.L. e Artesa Rías Baixas S.L. Tamén tivo stand no Forum a Confraría de Pescadores de Barallobre.

Podes ver un vídeo aquí.