Campaña da vieira en Arousa

O día 2 comezou a campaña de extracción de vieira (Pecten maximus) na Ría de Arousa, na que participan as confrarías de Cambados e Rianxo. Cun tope de 35 quilos por tripulante e un máximo de 100 quilos por embarcación, o primeiro día de campaña saíron a faenar 18 barcos do plan de xestión da confraría de Cambados, e nove embarcacións do plan de xestión da confraría de Rianxo.

As vieiras capturadas pola flota cambadesa pasarán por un proceso de depuración e evisceración nas instalacións de Porto de Cambados S.L., mentres que as capturas da flota de Rianxo serán depuradas e procesadas por Artesa Rías Baixas S.L. Ambas entidades están certificadas pola marca pescadeRías de onde se non?, que garante a orixe e trazabilidade deste produto.

Aperturas e peches

Despedímonos por uns meses do polbo (Octopus vulgaris) e o ourizo (Paracentrotus lividus), xa que as súas campañas acaban de pechar. O polbo abrirá de novo o 1 de xullo e o ourizo a partir do mes de outubro.

Por outra banda, volverán a estar presentes nos mercados o ameixón (Callista chione), desde o 6 de maio, debido á apertura da campaña na Ría de Muros, e os anemones (Anemonia viridis), xa que algunhas confrarías da provincia de A Coruña comezan a súa extracción este mes.

Peches e aperturas de campañas

O pasado 31 de marzo rematou a campaña de extracción da volandeira (Aequipecten opercularis), cun total de 233.360 quilos extraídos, e un valor en primeira venda de 766.828 euros. Tamén pechou a tempada de capturas do lumbrigante (Homarus gammarus), que abrirá de novo 1 de xullo. O volume de capturas de lumbrigante nesta campaña acadou os 25.370 quilos, cun valor en primeira venda de 827.404 euros.

Por outra banda, o 1 de abril comezou a campaña de extracción da lagosta (Palinurus elephas), que permanecerá aberta ata o o 30 de setembro.

Apertura de campañas

En el mes de noviembre está prevista la apertura de las campañas de extracción de la volandeira y centollo.


El 2 de noviembre abrió la campaña de la volandeira en la Ría de Arousa. Las ventas de este bivalvo se concentran en su mayor parte en la lonja de Cambados, aunque también hay descargas en las lonjas de Rianxo y Ribeira.


La campaña del centollo se inicia el día 6 de noviembre desde la desembocadura del río Miño hasta el cabo Estaca de Bares. En la Marina lucense a campaña del centollo empezará el 28 de noviembre.

Puedes consultar el plan de gestión de esta especie aquí.

Apertura de campañas

No mes de novembro están previstas as aperturas das campañas de extracción da volandeira e centola.

O 2 de novembro abriu a campaña da volandeira na Ría de Arousa. As ventas deste bivalvo concéntranse na súa maior parte na lonxa de Cambados, aínda que tamén hai descargas nas lonxas de Rianxo e Ribeira.

A campaña da centola iníciase o día 6 de novembro dende a desembocadura do río Miño ata o cabo Estaca de Bares. Na Mariña lucense a campaña da centola empezará o 28 de novembro.

Podes consultar o plan de xestión da centola aquí.