A especie do mes: O boi

O boi (Cancer pagurus) procedente da pesca artesanal galega é un dos crustáceos que se incorporou en novembro aos mercados.

Ademais de ser unha excelente opción gastronómica, tamén é un produto saudable de alto contido proteico e moderado contido en graxas, sendo os ácidos graxos poliinsaturados os máis elevados do seu perfil lipídico.

A súa extracción regúlase a través e plans de explotación anuais, nos que se determinan entre outras cousas, os períodos de veda, normalmente entre xuño e novembro.

Podes ampliar a información sobre esta especie aquí.

Reapertura de A Túa Lonxa

A peixería A Túa Lonxa, da Confraría de Ferrol, volveu abrir despois dunha reforma integral que inclúe unha nova imaxe de marca e fachada acristalada. Ofrece, de martes a sábado, peixe e marisco fresco capturado de forma artesanal e certificado por pescadeRías, de onde se non?

Ademais, modernizouse e ampliouse a depuradora para atender á crecente demanda de moluscos bivalvos. A peixería, situada na lonxa de Curuxeiras, reafirma o seu compromiso coa calidade e sustentabilidade.

A receita do mes

A receita deste mes ten un marcado carácter festivo: Javier Lema Marcote, do Restaurante A Furna de Muxía, proponnos un prato ideal para as festas do Nadal: canelóns de centola da ría con crema de portobello e escama de congro seco. Unha combinación mar e montaña, cun dos reis indiscutibles do marisco galego nunha versión que podemos ofrecer como plato principal en calquera das celebracións destas datas.

O prato só ten vantaxes: un ingrediente estrela, unha elaboración sinxela e apta para amateurs, un toque de orixinalidade e sofisticación, e ademais pode prepararse con anticipación!

Podes ver a receita aquí. Que o disfrutes!