Na primeira semana de novembro celebrouse no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela a XVI Reunión da Sociedade Española de Nutrición e o XXII Congreso da Sociedade de Nutrición e Dietética de Galicia. Paralelamente, tiveron lugar o Curso de Nutrición e Alimentación Saudable: Coaching nutricional e as III Xornadas de Xóvenes Investigadores. Os 240 participantes gozaron dunha cea de gala, onde tiveron ocasión de coñecer de primeira man os produtos certificados co selo pescadeRías, ¿de onde se non?