O salón de actos do Concello de Noia acolleu o 22 de outubro, a xornada de diferenciación e promoción do Berberecho de Noia, certificado por pescadeRías, ¿de onde se non?, que supuxo o arranque da Campaña Pescados y Mariscos de España, organizada pola Federación Nacional de Confrarías de Pescadores en colaboración co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e Alimentos de España, co obxectivo de promover o consumo e poñer en valor os produtos pesqueiros de orixe nacional. Ademais do berberecho de Noia, participarán na campaña o percebe de Asturias, a gamba branca de Villajoyosa e o langostino de Sanlúcar de Barrameda.
Preme aquí para ver unha noticia sobre o evento.