Achégase o Nadal e na nosa mesa non pode faltar a raiña de ría: a vieira. Desde a empresa Porto de Cambados S.L. suxírenos unha orixinal elaboración, de maneira que apreciemos todo o seu sabor natural: Vieira con xugo de cebola tostada e fina lámina de touciño, receita de Javier Olleros, do Restaurante Culler de Pau, en O Grove. Podes ver a receita completa aquí.
Se queres que publiquemos a túa receita, envíanola por correo-e, indicando ingredientes, elaboración e unha foto.