Un ano máis, a Confraría De Pescadores de Lira organiza unha degustación popular de produtos da Reserva Mariña de Lira. A primeira cita terá lugar o sábado 23 de xullo no porto de Lira e a segunda celebrarase o sábado 6 de agosto. Entre as 12:30 e as 20 horas poderanse degustar percebes, navallas, berberechos, nécoras e polbo procedentes da lonxa desta localidade, certificada polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?. Preme aquí para ver o cartel do evento.
Degustación en Lira
![](https://deondesenon-newsletter.com/wp-content/uploads/2022/07/Cartel-festa-2022_page-0001-4.jpg)