O salmonete de rocha (Mullus surmuletus) é un peixe semigraxo que habita en fondos de area e rocha próximos á costa e que se captura habitualmente con artes de enmalle. Entre agosto e decembro está na súa mellor época de consumo. Considerado unha exquisitez polo seu intenso sabor a marisco, aporta importantes beneficios para a saúde. Para saber máis preme aquí para ver unha ficha.