Durante o mes de maio adheríronse á marca pescadeRías, ¿de onde se non? catro restaurantes que empregan produto certificado procedente da pesca artesanal galega nas súas elaboracións: o Restaurante A Centoleira de Beluso, Bueu; o Restaurante Siro, de Santiago de Compostela; o Restaurante La Viuda, de Pobra de Trives e o Restaurante-Gastrobar Sanmiguel de Ourense.
Agradecemos aos seus responsables a confianza depositada na pesca artesanal galega e no noso equipo de xestión.