Felicitamos á Confraría de pescadores San Antonio de Cambados, que vén de celebrar o centenario da súa fundación cun programa de actos nos que se deu a coñecer a historia da entidade, os logros acadados nestes cen anos e os retos futuros.
Fundada no ano 1917, a Confraría de Cambados é a máis antiga de España, e unha das primeiras en apostar pola comercialización dos produtos do mar baixo o selo pescadeRías, ¿de onde se non?