XII Xuntanza de Bloggers Gastronómicos

A XII Xuntanza de Bloggers Gastronómicos de Galicia que se celebrou o pasado 14 de setembro na Comarca do Salnés deixou moi bo sabor de boca: paisaxes espectaculares, edificios históricos cargados de encanto, gastronomía con alma, experiencias compartidas… e o protagonismo do produto local, da terra e por suposto, do mar, galego e, con certificación de orixe e frescura.

Un dos puntos centrais foi o menú elaborado por Sefita de Monteagudo e Ángel Parada nas Bodegas Gran Bazán de Vilanova de Arousa. Con polbo, robaliza e berberechos frescos, e conservas tradicionais da marca Paco Lafuente de Conservera Gallega S. A., procedentes da pesca artesanal galega e certificados pola marca pescadeRías de onde se non?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *