O vindeiro 29 de outubro estaremos na Praza de Abastos de Ourense. Organizarase unha visita guiada ás peixerías adheridas á marca, onde se falará de identificación de especies, frescura, etiquetado e da certificación pescadeRías de onde se non?
Está previsto un obradoiro de tamaños mínimos de peixes e mariscos e unha sesión de demostración de cociña a base de produtos da pesca artesanal galega, con degustación.
A inscripción é gratuíta, con aforo limitado. Para participar é preciso inscribirse previamente no correo pescaderiasdeondesenon.cmrm@gmail.com ou no 986 02 08 99.