No mes de novembro, acadamos os 14.000 seguidores na páxina de Facebook da marca pescadeRías de onde se non?
As redes sociais da marca buscan ser un escaparate para dar a coñecer os produtos do mar procedentes da pesca artesanal galega e fomentar o seu consumo. Isto inclúe unha ampla variedade de temáticas: desde as técnicas de extracción e captura, as especies de peixes e mariscos locais, as prácticas responsables de pesca, ata a comercialización, etiquetado, trazabilidade, seguridade alimentaria e puntos de venda. Tamén promovemos a visibilidade das empresas e entidades que apostan pola pesca local e artesanal.
Desde pescadeRías de onde se non? queremos agradecer a colaboración de todas as persoas que nos acompañan cada día e contribúen a este obxectivo. Moitas grazas!