Do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro estivemos en XANTAR, promocionando os produtos da pesca artesanal galega. Con Emma Pinal, Jose Manuel Mallón e Flavio Morganti nos fogóns, os produtos certificados pescadeRías, ¿de onde se non? presentáronse en deliciosas preparacións. Así mesmo, foi presentada a ecoetiqueta Pescaenverde que acompañará en breve aos peixes e mariscos certificados.
Podes ver aquí o vídeo resume das actividades realizadas na «Aula do Mar».