Durante o mes de abril, varias empresas certificadas polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?, asistirán a dúas importantes feiras de produtos alimentarios, nas que a Consellería do Mar contará cun stand dando así visibilidade aos produtos galegos de calidade. Estaremos na Feira de Alimentación, Bebidas e Gastronomía de Barcelona Alimentaria 2018, e tamén en Bruxelas na SeafoodExpoGlobal.