Durante o pasado mes, incorporáronse á marca pescadeRías, ¿de onde se non? dúas novas entidades: A Confraría de Pescadores de Cabo de Cruz, con alcance de certificación para moluscos bivalvos e a Depuradora Mariscos Ramais S.L., situada en O Freixo, Outes, con alcance de certificación tamén para moluscos bivalvos.